Na Chaira siguen chegando as novidades para unha nova tempada na Preferente. O Outeiro asinou ao excentral da Sarriana Muñiz, formado na base do Racing Villalbés. Pola súa banda, os veciños do Castro conseguiron renovar a un dos seus canteiráns estrela: Hugo Buide. Sen movernos da Preferente, o Atlético Escairón segue ilusionando á súa parroquia a base de fichaxes. O cadro do Saviñao deu un golpe sobre a mesa ao levarse a un dos ‘cracks’ do Lemos: Diego Arias.

Adrián Vázquez non seguirá adestrando ao Monterroso

Baixamos unha categoría para falar do Monterroso. Cerdeiriños ten agora mesmo o seu banquiño baleiro. Adrián Vázquez decidiu non continuar tras unha magnífica tempada. Por último, O Incio anunciou tres renovacións máis. A do meta Castro, o defensa Chivas e Álex Torres.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*