Marino regresa a Vilalba

Volven as novidades ao noso fútbol. E moitas delas na Terceira galega, onde o Viveiro e o Racing Villalbés comezaron onte os seus adestramentos. Os chairegos fixérono cunha nova cara máis. A dun vello coñecido. Marino regresa ao lugar onde se formou despois dun exitoso paso de dous anos por Viveiro. Un home desa vila mariñana cambia de destino. O talentoso Aldán Naval xogará no Somozas, según adiantou La Voz de Galicia, despois do seu paso pola canteira do Celta. Así mesmo, un antigo internacional español en categorías inferiores está a proba co Polvorín. Castrín pode volver vestir de branquivermello tras un final de temporada espectacular coa súa Pontenova. Ademais, Rayco cambia o filial do Lugo polo do Deportivo.

Xa no fútbol máis afeccionado o Antas anunciou as incorporacións de Martín e Anxo. Tamén a continuidade de Miguel, Félix e Óskar. Pola súa parte, o Castroverde repesca a Manu López; que xogou no Corgo a última campaña. E para rematar unha fichaxe tan importante como exótica. Unha camerunesa pola Reigosa. O PM Friol incorporou a Agnes Marie Claire Nkada, xogadora con facilidade para o gol. Como así o demostrou na UD Extremadura, equipo do que procede.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*