Rematando o mes de agosto, moitos clubes lucenses continúan a ultimar detalles para dar por pechados os cadros de xogadores de cara á temporada 20/21, pese a que o transcurso da mesma sexa incerto.

Así, na Terceira División, o Racing Villalbés incorpora á disciplina do primeiro equipo a Anxo e a David, que soben desde o conxunto xuvenil -militante na Liga Nacional- pero que xa frecuentaban os adestramentos do equipo dirixido por Simón Lamas.

Tamén son protagonistas os canteiráns no Ribadeo CF, a onde regresan os ex-xogadores da base celeste Fran e Javi Méndez (procedentes do Astur Vegadense e de Os Castros, respectivamente). Na Segunda Galicia, a SD Antas incorpora a Pablito para afrontar o novo ano na categoría.

Finalmente, en canto ao fútbol feminino, o PM Friol -clube referencia da provincia- renova a unha das xogadoras máis determinane nos últimos anos, Fanny Varela.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*