Lugo sempre foi terra de emigrantes. E na nosa provincia temos dous xa consolidados fóra dos nosos marcos. Iso si, non marcharon moi lonxe. Hugo Criado renovou unha campaña máis no Atlético Coruña Montañeros. Na mesma provincia seguirá Duarte, outro ex do Rácing Villalbés. Aínda que cambia de equipo. O gardamallas defenderá a meta do Galicia Mugardos esta temporada.

Turno para a Primeira, onde o Burela asinou a continuidade de Ángel, un puntal para a zaga. Xende fixo o propio en Chantada. Na Segunda Galicia reina a continuidade. Cazón e Hugo non seguen nun Ferreira que manterá ao bloque do curso pasado. No Cospeito, renovaron o técnico Luis e o seu segundo David Fernández. E o Goiriz só contará coa baixa do retirado Diego Vivero, ao renovar ao resto dos seus xogadores.

Unha categoría máis abaixo, o Castroverde mantén a Marcos Geme. Un clásico que deixou o desaparecido Baleira hai xa trece anos para recalar en Veiga do Olmo. Máis tempo suma e sumará Gelo, que goleará un ano máis en branco e verde. O Celeiro contará de novo con dous pesos pesados do vestiario: Orli e Brais Maseda. En Monterroso manteñen a talentos como Adrián Diéguez, Manel, Davor, Iaki, Adri Carballo, Saúl, Joel e David. Ademais repescan ao bombeiro forestal David.

Por último, imos sabendo algo máis do filial do Lugo. Martín Murado non segue no Polvorín. Un conxunto no que a continuidade do técnico José Durán está moi no aire.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*