Xa coñecemos o nome do centrocampista que barallaba o Viveiro. Jacob deixa o Foz para competir por un posto na medular de Cantarrana. Nesta categoría, comezará a moverse moito máis o Polvorín despois da permanencia acadada na noite de onte. Un dos primeiros nomes que podrían saír á palestra é o de Adrián Díaz, antigo xogador do Lemos. Baixamos unha categoría, á Preferente, onde o Foz vén de sumar ao seu proxecto a Noceda. O xogador procede do Mondoñedo despois de formarse nas ED Lourenzá.

Na Primeira, o Pol anda á procura de porteiro. Figura que anunciará pronto para suplir así a baixa de media-longa duración de Bruzos, que tivo que ser operado dunha lesión nun dedo dunha man. Pola súa parte, o Burela renovou a Diego Chao e o Monterroso fixo o propio co defensa Guaje Iago e os extremos Cristian Crespo e Dabouza. Ademais, o Folgueiro asinou a Bruno López. Procede do Xove Lago xuvenil.

Toca falar xa da Segunda, onde a Milagrosa manterá a case todo o seu bloque. Héctor apunta a ser baixa por motivos de estudos. Pero incorpórase á disciplina branquivermella Rubén Rodríguez, talentoso lateral zurdo que levaba máis dun ano parado. Nese mesmo Grupo Sur, Caño e Porto aseguraron a súa continuidade unha campaña máis no Palas.

No capítulo de base, os mencionados Guaje Iago e Crespo dirixirán ao Monterroso xuvenil. O cadete quedará nas mans do coordinador Juan Rodríguez e Balbi. Pola súa banda, o Castro contará con Isaac no xuvenil e Xavi Foliadoso no cadete. O infantil levaráo Dumi, quedando os alevíns e benxamíns para Xavi e Isaac. Por último, o Chantada feminino realizou dúas fichaxes: Ana Fernández e Yaiza.

Comparte
                                          

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*