Pese a que o ritmo endiablado que collera a mediados-finais do mes pasado xa se reduxo, o mercado continúa en movemento. Todos os clubes da provincia están tratando de conformar os cadros de xogadores máis competitivos posibles para afrontar a atípica 2020/2021.

Así, a SD Sarriana incorpora a súa disciplina a tres perlas da nosa provincia: o mediocentro Óscar Rivas, que chega desde o CD As Pontes, o lateral Álex Pérez e Martín Traba, ex do no Ribadeo CF. Unha categoría máis abaixo, na Primeira, a SD Monterroso anunciou a primeira renovación: a do capitán Melchor. 

Na Segunda Galicia tamén hai novidades. Na zona norte, o Guitiriz aposta un ano máis por José e Delfín, que seguirán á fronte do equipo. Cara o sur, Pol retorna ao CD Palas e Mirás renova na SD Chantada «B». Na Terceira, pola súa banda, o técnico Iago Núñez continuará dirixindo á SD Castroverde, no que renovará o groso do grupo, conformado por xogadores da zona.

A familia do Carballedo incorpora a Rocío.

No que atinxe ao fútbol feminino, o Carballedo CF incorpora a Rocío, mentres que a SG Comercial renova a Fany, Carol, Vane, Sheila, Eva, Natalia, Lidia, Vicky, Sandra, Jenny, Xiana, Aroa, Yoli, e María Gómez, ademáis de asinar a Paula (ex da SD Antas).

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*