
Este é un diario tranquilizador. Onte á noite alarmábamonos coa posible retirada de Lourido, mito do fútbol provincial. Así se podía entrever na súa carta de despedida, que podedes ver na foto. Non é así. Desde Futbolinlugo asegurámosvos que seguirá xogando unha campaña máis. Ao ‘abuelo’ aínda lle queda corda para rato. E o seu destino será o de moda: o Meira. Alí atoparase co seu antigo míster Labrada. Un conxunto, o da Lomba que vén de anunciar a renovación de dezasete dos dezaoito xogadores da campaña pasada: Alberto, Javi, Lolo, Pirata, Triunfante, Mateo, Marcos, Álex, Rubencín, Farra, Seixos, Xuster, Pirlo, Jesús, Jorge, Iago e Víctor. Ademais do segundo adestrador Iago Iglesias.
Falando de renovacións, toca o apartado diario do Chantada. Víctor segue no Chantada B e Natalia faino no feminino. Tamén continúa o Káiser Valea en Alfoz así como Mincha, Joshua, Joel e Luis Martín no San Lázaro. No capítulo de novidades, o mariñán Fidi cambia As Pontes polo ambicioso proxecto do Atlético Coruña Montañeros. E o Sanci ten novo míster. É Jaime, o exadestrador do Burela. Adestrador contrastado para tentar un ano máis o ascenso de categoría.