O Meira de Labrada, un dos animadores deste mercado

Un día máis traemos as últimas novidades que nos deixa o fútbol lucense. Comezamos pola Preferente, onde o Foz renovou ao defensa Dani Sante e recuperou ao dianteiro Xenxo, que marchou o pasado inverno dirección á veciña Alfoz. Na Primeira, o San Lázaro asegurou a continuidade de Manel, Gómez e os goleadores Yago Armesto e Zas.

Na Segunda Galicia, o Meira empeza a asustar cos seus movementos. Labrada recupera a vellos coñecidos para o seu ambicioso proxecto. Kevin Pierre, Peke e Panchito chegan dende o Pol. Tamén xogará na Lomba Neira, antigo defensa do Riotorto. O filial do Chantada renovou a Lucas e o Corgo sobe ao primeiro equipo aos xuvenís Harry, Jony Díaz, Lois e David Peral.

Por último, no apartado de fútbol feminino, o PM Friol está de actualidade. Segundo anunciou o noso compañeiro David Ferrís en Twitter, dúas xogadoras chegarán á Reigosa dende o Oviedo. Son os casos de Ángela Mera e a gardamallas Sara Méndez. Ademais, Rocío e Bea continuarán unha campaña máis co Chantada.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*