A medida que o mes de xuño avanza chegan cada vez máis movimentos do fútbol provincial ao noso Diario dun Mercado.

Na Preferente, o Lemos continúa coa renovación de boa parte do seu cadro de xogadores. Desta volta tocoulle ao monfortino Arturo, que selou a renovación para seguir defendendo o arco da Pinguela. E os veciños da Sarriana, unha vez asinado a Charli como adestrador, comezan e perfilar a súa plantilla. Héctor, Carnero, Luisma e os irmáns Keko e Jacobo Vilariño asinaron a súa renovación.

A #SDSarriana ven de renovar os xogadores da comarca de Sarria Hector, Carnero, Keko, Jacobo e Luisma!! Animo e moita sorte para esta nova tempada 2020/2021 no voso clube!! 🍀⚽️🥅

Publicada por SD Sarriana en Jueves, 4 de junio de 2020

Unha categoría máis abaixo, o Alfoz comeza a poñer as bases do seu novo proxecto en Primeira. E faino coa renovación dun dos grandes artífices do ascenso: o adestrador Suso Martínez. No Monterroso causará baixa Álex González.

A Segunda Autonómica tráenos a maior parte das novidades. Julio César Castro renovou como míster do Mondoñedo e cumplirá a súa segunda temporada no banquiño do Viñas da Veiga. Moi preto, o Celta Barreiros asegurou a continuidade do zagueiro Iff e o mediocentro Adrián Rivas. No grupo Sur, o Brollón é o gran protagonista. Dani, Messi e Miguel seguirán unha temporada máis ás ordes de Chura. Quen tamén o fará será Pagaza, que reforzará a parcela atancante do cadro da Pobra.

Adrián Rivas continuará como referente no centro do campo do Celta Barreiros

O Lemos B, logo de anunciar un gran número de renovacións, contará con Jorge Fagín, xogador que chega ao filial lemista desde o Calasancio. No Sober, seguirá como adestrador José Manuel Pasín, e apostan pola continuidade da maior parte dos xogadores. Na Terra Chá, Manuel Veiga deixará o banquiño do Rioaveso despois de dúas temporadas.

O fútbol feminino lucense terá un novo representante logo de anunciar o Corgo a creación dun equipo sénior.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*