Os movementos non cesan no fútbol provincial pese ás circunstancias. Nesta nova edición de Diario dun mercado destaca a renovación de Edu Rodríguez coma adestrador do Club Lemos. A confianza no técnico para comandar o novo proxecto na entidade monfortina en Preferente é total. A nova era un secreto a voces, despois da reunión mantida a pasada semana entre preparador e directiva, pero non foi ata este martes, cando as canles de comunicación do cadro da Pinguela deron carácter de oficialidade á prorrogación do vínculo.

Outra escuadra de Preferente, a Residencia, vén de confirmar dúas baixas: a do gardarredes Dani Pérez e a de Moha, que pon rumbo a Madrid. A intención dos da Cheda é manter a estrutura do equipo de cara a vindeira tempada. O substituto de Pérez baixo os paus, ademais, será Chipi, que completou o seu ciclo coma xuvenil no Polvorín.

Tamén hai novidades na Segunda Galicia. No Cabreiros continuará coma adestrador Abel Rochela. Terá coma segundo a Borja Bouza, que non continúa no Roupar e encara esta nova andadura. No Pontenova, Miguel Cerecedo coordinará a base e será o asistente de Andrés Bouza, que renova. Xaime será o preparador físico.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*