Levabamos uns días sen actualizar o mercado. Os movementos van a menos conforme comeza a temporada. A maior parte dos equipos teñen o seu cadro de xogadores case confeccionado. Aínda así, botamos a vista as últimas altas e poñémonos ao día do mercado da provincia.

A Primeira Rexional xa botou a andar de forma oficial. Despois da 1ª rolda da Copa, esta finde chega a liga. O Pastoricense renovou a Rico e anunciou a fichaxe de Celeiro. Ademais, Manu Carreira reforza o Riotorto. Vindo cara a Terra Chá, o Castro fichou a Sergio Begonte, procedente da base da Residencia. O Guntín comunicou varias novas. Por unha banda a continuidade de Javi Paz e Purri. Pola outra as incorporacións do mediapunta Adri (anteriormente xogou no Valadouro ou na Milagrosa), a de Palle, Omar, Eli (volve ao fútbol despois dun tempo afastado dos terreos de xogo) e o defensa Pedrito.

O Guntín e o Pastorticense pasaron exentos a 1ª fase da Copa Deputación 2020

A Segunda e a Terceira Rexional terán esta fin de semana a súa estrea na Copa. O Incio fichou a Hugo Gallego procedente do Bóveda e a Nacho Castellano que non estaba xogando na actualidade pero ten pasado na Sarriana. Ademais o Páramo reforzouse con Soto. O dianteiro xogou a última campaña no Matela. Anteriormente pasou por equipos como a Milagrosa ou o Catro Roldas. Nesa Segunda Rexional estará o Bóveda. Especulouse nos últimos tempos coa súa posible non saída na competición, pero finalmente aí estará. No grupo norte, o Roupar incorporou a Santi Rouco que volve aos terreos de xogo despois dun tempo inactivo.

No tocante ao fútbol feminino, esta finde temos a incoporación inmediata a competición do Friol. Comeza a súa aventura na Reto Iberdrola. A estrea será na casa ante o Deportivo Alavés. Estes días o club está anunciando nas redes sociais algunhas novidades para a presente campaña. Polo momento só renovacións. Fanny Varela e Mini continúan. Ademais do adestrador de porteiros, Ángel Muñoz que formará parte do cadro técnico encabezado por Daniel Guerrero. Tamén comezan na próxima fin de semana os proxectos do Antas e do Friol B na Primeira Galega. Quen aínda non ten data de comezo é o Burela co seu equipo de F-8. Polo momento o que sabemos é o nome da súa última incorporación: Nai.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*