O noso primeiro protagonista deste Diario dun Mercado é Dani Pedrosa. Logo do seu paso por Somozas, Cerceda e Valladolid B, o ribadense xogará a vindeira temporada na U.D. Ourense, conxunto punteiro da Terceira galega. Sen movernos de Ribadeo, o valadourense Brais retorna ao clube adestrado por Rafa Casanova logo de realizar unha parte da pretemporada co Racing Vilalbés. Importante reforzo para o centro do campo do conxunto mariñán.

Brais cumplirá a súa segunda temporada no Ribadeo

O Xove Lago reforza a parcela atacante coa chegada do burelao Aarón Rega, procedente do fútbol catalán. Na Segunda Autonómica, Joshua (Milagrosa) e Willy (San Roque) seguirán na capital da provincia, pero desta volta nas filas dun San Lázaro que agarda repetir os bos resultados do último tramo de temporada. Tamén na procura de consolidar o proxecto está o Roupar, que anunciou a renovación de seis xogadores: Jaco Ares, Fran «Carbeta«, David Mourín «Mou«, Junior Roca, Carlos González e Nando González. Dúas renovacións tamén no veciño Xermade: Iván Benavente «Chala«, dianteiro, así como o gardameta Juancho, que xa demostrou a pasada temporada que sabe marcar goles, ademáis de paralos.

Na Terceira Autonómica protagoismo para o Celeiro. Logo das baixas do porteiro Pablo, que xogará no Lourenzá e de Ángel que formará parte da nova S.D. Viveiro, chegan catro reforzos. Xabi Mateo, procedente do Ourol, Diego Soto, actualmente sen equipo pero con pasado no Folgueiro entre outros, Delvis, que chega do Burela xuvenil e Aitor do Xove xuvenil.

No fútbol feminino o Peluquería Mixta Friol xa ten adestrador para a temporada do seu debut na liga «Reto Iberdrola«. Será Daniel Guerrero, madrileño que procede do xuvenil do Málaga.

Na Segunda Galega, o novo proxecto do C.D. Lugo no fútbol feminino tamén ten adestrador: Joaquín, ex da Milagrosa, que contará cun bo número de xogadoras do seu antigo equipo ás súas ordes.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*