Isto non para. En canto nos despistamos durante unhas horas e comezamos a revisar as redes sociais, atopámonos cun enorme número de novas no fútbol da nosa provincia. Uns que din «adeus», outros que deciden continuar nos seus clubes, os hai que comezan novas etapas… todo iso e moito máis, nesta edición do Diario dun mercado!

Falamos en primeiro lugar da Segunda División «B», que contará cun lucense máis tras a cesión do gardamallas do Polvorín Pablo Cacharrón ao Barakaldo vasco. Tamén fóra das nosas fronteiras, pero na Terceira, xogará Pablo Antas, que liderará o proxecto da SD Compostela na procura do ascenso á división de bronce do fútbol español. O de Monterroso se enfrontará, entre outros, a un CD As Pontes no que non continúan Bossa nin Erni González.

Saltando agora dúas categorías, chegamos á Primeira Galicia, que presenta numerosas novidades. Jandry Rego, segundo adestrador do Foz o pasado curso, será o técnico do Folgueiro tras o ascenso dos do Vicedo, que ademáis fichan a Dani Díaz, xa ex-xogador do Celeiro que participou no I All Star Futbolinlugo. Tamén outro clube da costa, a SB Burela, segue a confeccionar un cadro de xogadores con moitas caras novas, aos que se suman o porteiro Tomy (que chega desde o Valadouro) e Borja (do Xove Lago).

Na Terra Chá, Diego Seijas e Lucas abandonan o Outeiro de Rei e probarán sorte no fútbol sala. Por último, máis cara o sur, en Chantada, hai fichaxes nos dous equipos da vila. A SD Chantada incorpora a Diego Arias, atacante que chega desde a Sarriana e que deu moito que falar durante a súa andaina no Lemos. Tamén ten pasado no clube monfortino Lucas Costa, fichaxe do Chantada Atlético que vén da Preferente Sur.

Xa na Segunda Galicia, o Xermade renova a Fran García e a Iván Carballeira; o Chantada «B» a Novelle, Efrén e Christian; a SD Becerreá a Héctor Castaño, Jonathan Fernández, Alejo Fuenteseca, Alejandro López, Diego Pardo, Borja Reimonde, Jesús Rodríguez, David Rubianes, José Vigo, Miguel Rodríguez, Javier Álvarez, Francisco José Ruiz, Ignacio Díaz e Marco Méndez, ademáis de anunciar o retorno ao Municipal de Xairo López, Álvaro Fernández e Rubén García. Asemade, o Mondoñedo firmou a Javi Celes, procedente do Burela.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*