A primeira recopilación de movementos no mercado na transición da 2018/2019 á 2019/2020 (que cando nos queiramos dar conta, estará case acabada como a que estamos deixando atrás nestas datas) ven moi cargada, con renovacións, altas e baixas en todas as categorías con representación lucense.

Comezamos, polo tanto, falando da Terceira División. Nela, o Racing Villalbés renovou a Simón Lamas, o técnico da casa que convertiu ao Racing nun dos mellores equipos da segunda volta e os afastou da zona de descenso. Da casa tamén son os xogadores que anunciaron a súa renovación, os tres capitáns López, Make e Vérez.

Por outra banda, o Club Lemos xa prepara a súa volta á Preferente Norte, e faino confiando nunha gran parte do cadro de xogadores que acadou o ascenso:o Armesto, Arturo, Brais Meco, Denís, Miguel, Hugo, Iván, Borja Castro, Sergio Guitián, Ivo, Adrián Castañer, Roberto Varela, Gonzalo Torres, Dafonte e o adestrador Edu Rodríguez xa confirmaron a súa renovación! En canto á Primeira Galicia, Labrada deixará de dirixir ao Riotorto na próxima campaña.

Na Segunda Galicia, o Celta Barreiros buscará manter a categoría tra-lo ascenso, e tamén tirará dos xogadores que conseguiron tal éxito. De momento, están confirmadas as renovacións de Damián, Conguito, Jose Miguel, Pico, Ferro, Hugui, Xián, Jorge, Insúa, e o corpo técnico -integrado por Fran e Couto-. Un dos capitáns, Álvaro Alonso, porén, deixa o equipo por motivos laborais. O Mondoñedo sufrirá a baixa de Ros tras catorce temporadas, ao verse moi mermado polas lesións.

Outro equipo recén ascendido, o CD Alfoz, renovou á maior parte dos xogadores, agás Bellamy Sousa, Raposo e o adestrador Casal.

Tamén renovou adestrador do Incio Terra Brava, Pedro Castro «Monarca», mentres que o Cospeito non contará máis cos servicios de José Carlos Fernández, e Bonxe toma o relevo de Óscar Pol no banquiño do Abadín. Na Terceira Galicia, finalmente, Martín Rodríguez seguirá á fronte do Celeiro Club del Mar.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*