*Xove Lago-Páramo: Duelo atractivo para o espectador de estilos contrapostos. O fútbol combinativo do Xove Lago impúxose ao xogo máis directo do Páramo. Corbelle regresou cos de Fontal para facer de ‘home-boia’. Na primeira metade, os de José Manuel colleron unha boa renda co 2-0. Os das Rapadas nunca se foron do encontro. Barrio recortou diferenzas á volta dos vestiarios. O Páramo perdonou o empate, tivo o seu momento. Unha variante táctica deulle tranquilidade aos mariñáns no tramo final. E Álvaro sentenciou.

Chantada Atlético e Pastoricense apoiaron a Fran Regal na loita coa súa lesión

*Chantada Atlético-Pastoricense: Imprecisións típicas ao comezo pola importancia dos puntos en xogo entre ambos equipos. O Chantada Atlético puidolle adicar a desexada victoria ao lesionado Fran Regal. O Pastoricense foi a remolque no marcador durante case todo o encontro. Iso sí, tentouno ata as postrimerías. Mel, co seu tanto, fixo crecer as esperanzas de puntuar a dez minutos do final. Aínda así, os de Fran García contrarrestaron o gol ao instante nunha contra. Deixando os puntos no Sangoñedo.

*Residencia-Sporting Pontenova: Tres puntos separan á Residencia da zona de ascenso directo. Cómoda victoria dos de Álvaro Meilán ante o pechacancelas da categoría no fortín da Cheda. A mellor noticia do partido foi o regreso de Javi Raposo ‘Raposín’ aos terreos de xogo dous anos despois da súa lesión.

*Burela-Monterroso: Valioso punto para o Monterroso, que firmou unha gran primeira metade na Marosa. Adiantouse no marcador e o Burela igualou antes do descanso. Na reanudación, os mariñáns chegaron con perigo. Reclamaron un penalti. E, sobre todo, topáronse cun Rubén espectacular que salvou o empate para os de Cerdeiriños.

*Friol-Pol: Resultado enganoso na Reigosa. O Pol mandou na primeira metade ante un frouxo Friol. Os de Abad adiantáronse no marcador pero marcharon en desvantaxe ao descanso. Cinco minutos fatídicos antes do descanso permitiron aos de Jon Vázquez irse cun 2-1 a vestiarios. Na segunda metade, os visitantes sairon forte de novo. E topáronse cun novo tanto do Friol. Gol psicolóxico que matou a un Pol que mereceu mellor sorte.

*Taboada-Outeiro de Rei: Os de Cholas non viron porta na primeira metade ante un Taboada efectivo e sólido, que abriu a lata. Na reanudación, o Outeiro de Rei firmou a remontada. Cun doblete de Diego Seijas incluido. No que o último gol, unha fermosa vaselina, foi un agasallo para os espectadores que acudiron aos Chacotes de Palas.

*Riotorto-San Ciprián: A falla de gol do Riotorto segue a ser o gran lastre dos de Labrada. Despois dunha primeira metade igualada, na que Racha puido adiantar aos visitantes, comezou a festa da pólvora mollada. Play, Kevin, Manolito, Iago, Felipe Varela, Christian… Todos tiveron o gol nas súas botas. Os paus e Madariaga axudaron a evitalo. E o San Ciprián levouse un empate ante un conxunto que quere recuperar a puntería con urxencia.

*Lemos-Atlético Escairón: Traballado punto dun líder que conta as xornadas para certificar o ascenso. O Atlético Escairón, soberbio, adiantouse no marcador cun tempraneiro gol de Pandiani. O punta lesionouse posteriormente. Co paso dos minutos, o Lemos insistiu e insistiu ante un rival crecido ante as circunstancias e o escenario. Ao final, a seis minutos do remate, o Lemos salvou o empate no derbi.

*Santaballés-Chantada: O duelo entre aspirantes non defraudou. Combate en táboas, no que Traste foi un dos grandes protagonistas. Na primeira metade, porque lle sacaron un gol baixo paus para un Chantada moi serio. Na reanudación, os papeles invertíronse. Foi el quen evitou o tanto de Santaballés. Ao igual que Ferreiro, cun paradón. Nos últimos minutos, ambos equipos tiveron a súa. Pero decidiron que o mellor era deixar todo apretadiño polas alturas. Emoción asegurada.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*