*Ferreira-Taboada: Un doblete de Guerreiro deulle a victoria pola mínima ao Taboada. Os de Murado leváronse o triunfo no minuto 85 nun terreo de xogo moi pesado, que obligou a ambos conxuntos a baleirarse por completo. David Salgueiro debutou e coma titular na portería do Ferreira.
*Riotorto-San Ciprián: O Riotorto levouse o encontro no último cuarto de hora. Alberte e Play foron os goleadores. O San Ciprián desperdiciou unha boa oportunidade para fuxir dos posibles arrastres.
*Monterroso-San Roque: O Anexo de Cerdeiriños acolleu un encontro de claro color vermello. Á media hora de xogo, o Monterroso xa vencía por 3-0. O San Roque mellorou un chisco na segunda metade coa entrada de Arturo. Dabouza asinou dous goles para os de Adrián Vázquez.
*Santaballés-Valadouro: Os mariñáns marcháronse cun 0-2 ao descanso. Fixeron un encontro moi serio ante un Santaballés mermado polas baixas. De feito, o meta Pablo xogou co ’10’ ás costas. Adrián Maseda asinou un doblete na Liga.


*Chantada-Pastoricense: O conxunto de Juan neutralizou o tanto inicial do Pastoricense ao bordo do descanso. Na segunda metade, o Chantada rematou goleando. Brais marcou dous goles e o xuvenil Pablo debutou co primeiro equipo.
*Sporting Pontenova-Foz: O Foz alcanzou o liderado en solitario tras asaltar A Mina e ver coma a Sarriana non pasaba do empate. Os de Gayol puxeron terra de por medio no cuarto de hora final do primeiro tempo. Na reanudación, debutou un xuvenil: Jhoseba.
*Xove Lago-Bóveda: Un tempraneiro gol e outro nada máis comezar a segunda metade decidiron a favor do Xove Lago. Ambos equipos quedaron con dez xogadores ao pouco da reanudación. David Rivas e Tino foron expulsados con tarxeta vermella directa.

*Sarriana-Xermade: O Xermade arañou un puntazo da Ribela. Os chairegos defenderon con uñas e dentes e Ivo firmou soberbias intervencións. A Sarriana dispuxo de oportunidades pero topouse cun muro infranqueable.
*Lemos-O Páramo: Partido de tolos na Pinguela e que puido rematar en resultado de tenis. O Páramo reaccionou ao gran inicio do Lemos con dous tantos do Corbelle. Cando se puido meter no encontro, Diego Arias matouno. Armesto e Diego Arias, bigoleadores. O segundo tanto deste último, foi unha obra de arte.