*Valadouro-Monterroso: Gran actuación coral do Valadouro ante un Monterroso que acusou en exceso os seus erros. Javier Criado debutou nos de Cerdeiriños. O que non seguirá é o técnico JC Rodríguez. Adrián Vázquez volve aos mandos da nave vermella, segundo anunciou o propio clube.

*Xermade-Foz: Goleada do líder ante un Xermade que viña en racha. Dobletes de Manolito e Asier para os de Gayol. A mala nova, a lesión de Cristian ao comezo do encontro. Os chairegos regresan a postos de descenso.

*Páramo-Xove Lago: Primeira metade pouco vistosa para o espectador. Na reanudación un sólido Páramo levouse o gato á agua. Corbelle, autor de dous goles, impuxo a súa lei. O Xove Lago só coñece a derrota neste 2018.

*San Roque-Bóveda: O Bóveda deu a sorpresa en Montirón e sae do descenso directo. Un gol ao comezo e outro nas postrimerías tumbaron aos capitalinos, que seguen lonxe da súa mellor versión.

*San Ciprián-Chantada: O Chantada tirou dúas veces ao pau con 0-0. A partires de aí, o San Ciprián fíxose moi forte a balón parado e levouse tres puntos moi valiosos.

*Taboada-Pontenova: Igualdade máxima na Medela. Nun encontro con moi poucas ocasións, ninguén foi capaz de mover o marcador inicial.

*Lemos-Ferreira: O Ferreira rozou a gran sorpresa da xornada na Pinguela. Samba marcou xusto antes do descanso e puxo aos visitantes por diante no derbi. Un gol de Varela no minuto 88 salvou un punto para os de Edu, que nun futuro podería ser de ouro.

*Pastoricense-Santaballés: Apache Vérez adiantou de penalti ao Santaballés pero os chairegos volveron conceder outro empate. Iago Ares deixou un punto no Acebreiro cun tanto a cinco minutos para a conclusión.

*Riotorto-Sarriana: Encontro moi disputado entre dous dos grandes aspirantes ao ascenso. O eterno Marino adiantou no ecuador da primeira metade aos de Julio Corral, nun tanto protestado polos locais por suposta falta. Na reanudación, o Riotorto intentouno de tódolos xeitos posibles. Aínda que o seu maior botín foi un gol anulado. Victoria importantísima para a Sarriana.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*