Aquí vos deixamos co sobranceiro de cada encontro desta xornada 13 da Primeira. Tamén cos nosos habituais destacados!

*Santaballés-Chantada: Choque moi disputado, no que os dous goles chegaron no primeiro cuarto de hora. O cadro chairego confírmase unha semana máis coma o ‘rei do empate’. Xa levan sete no que vai de competición.

*Valadouro-San Roque: Un problema no autobús fixo chegar ao San Roque ao Árbol a cinco minutos da hora do comezo do encontro. Despois dun quecemento ‘express’, o Valadouro superou con claridade a unha mala versión verdibranca.

*Lemos-Bóveda: O derbi quedou encarrilado antes do descanso. Diego Arias firmou un hat trick para un Lemos moi forte na Pinguela. Adrián Antas foi expulsado e os locais quedaron con 10 homes durante 45 minutos.

*Monterroso A-Xove Lago: O mellor Monterroso do ano bordouno na segunda metade. O Xove Lago acusou dous erros defensivos, que foron o segundo e terceiro gol locais, e deixou o liderado en  Cerdeiriños.

*Ferreira-Foz: Os de Gayol xa vencían por 0-2 no minuto 3. Asier asinou un doblete.

*San Ciprián-Xermade: Primeira victoria de Tomás Costa á fronte dun San Ciprián, que colle algo de aire na táboa. Borja Mella marcou dous goles para os mariñáns. Dani Santé fixo un en cada portería.

*Páramo-Taboada: O Taboada levouse os tres puntos das Rapadas con dous tantos tralo descanso.

*Riotorto-Pastoricense: Un solitario gol de Kevin devolveu ao Riotorto ao liderado despois dun choque moi disputado. O Pastoricense reclamou dous penaltis, que o colexiado non asubiou.

*Sarriana-Sporting Pontenova: Traballada victoria do cadro de Julio Corral, que tivo que remontar o tanto inicial de Pasarín para o Sporting Pontenova.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*