*Friol-Ribadeo: Televisión, radios, prensa… A semifinal de Copa máis mediática que se recorda. Ambiente de gala na Reigosa nunha cita na que o agardado protagonista non defraudou. Rafa Casanova foi o cabeza do cartel dun festival de emocións e ocasións en ambas áreas. E que tivo o epílogo perfecto nunha nova quenda de penaltis. Rafa non só xogou co seu Friol. Permitiuse a licenza de marcar un señor gol de falta para igualar o tanto inicial de Javicho para o Ribadeo. O adestrador dos mariñáns castigando a balón parado ao seu equipo. Algo que volveu facer, ao materializar a primeira pena máxima (mantívose a rutina habitual) da quenda. Unha quenda que lle sorriu aos do Pepe Barrera e os deixa a un só paso do título.

*Lemos-Riotorto: Estilos contrapostos nun duelo de poder a poder. O Riotorto estivo a piques de dar a sorpresa na Pinguela. O proxecto de Labrada pechouse ao grande. Cun soberbio partido nunha praza moi complicada. Iso sí, sen final feliz. Dispuxo de un longueiro e un remate moi claro de Felipe Varela. Mereceu cando menos un tanto. Porén os goles na Pinguela soen ser cousa do Lemos. Varela abriu a lata sobre a media hora de xogo. A sentencia non chegou ata o desconto. Monforte quere o doblete nunha temporada para enmarcar.

Comparte
                              

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*