Celebración dun gol na Ribela. S9 FOTOGRAFÍA

Volver ao noso fútbol sempre é un reto importante. Facelo na túa propia casa e en tempos do COVID xa adquire unha dimensión maiúscula. Carlos Alberto Díaz Reboiro ‘Charly’ (Sarria, 1978) asume o mando da Sarriana despois de varias experiencias truncadas. Faino cunha ilusión que quizais, quen sabe, o leve a marcar unha época como xa ocurriu co seu Rácing Villalbés.

FUTBOLINLUGO: Boas Charly. De novo pola Ribela. Como foi ese regreso a casa?

CHARLY: Boas! A verdade e que xa me chamaran o ano pasado ao comezo e en decembro. Por motivos persoais e falta de tempo e motivación para adestrar nunha categoría esixente, dixen que non. Este ano vinme con esas ganas e motivación necesarias.

Fixemos un bo grupo e con fame

FIL: Que facía falta para motivarte?

CHA: Sobre todo, o feito de coller o equipo desde o principio. Nas últimas experiencias -Castro e Atlético Escairón- collín os equipos xa iniciada a temporada… Dixen que iso non o ía volver facer. En Escairón, sobre todo, quedoume mal sabor de boca. Era un proxecto xa empezado e vin un equipo non acorde ao perfil de xogadores e hábitos de traballo que quería. Quedei decepcionado desa experiencia. Non volverei coller un equipo coa temporada xa comezada.

Xa me chamaran o ano pasado ao comezo e en decembro

FIL: Agora en Sarria, dende o inicio e cun cadro de xogadores de garantías…

Charly na súa etapa en Castro

CHA: Tendo en conta que é un ano moi compricado tanto para planificar como para facer un equipo, fomos a un perfil de xogador con máis táboas e peso na categoría e un cadro deles máis curto. Sobre o papel a Liga será máis curta e de menos equipos. Fixemos un bo grupo e con fame. Faremos un vestiario forte.

Temos que estar entre eses catro ou cinco equipos que pelexen polo ascenso

FIL: O feito dos subgrupos e de xogar contra menos equipos, favorécevos ou non?

CHA: Non se sabe nada aínda do plan competicional. E non é o mesmo comezar en novembro que en xaneiro. Despois que equipos van a cada subgrupo e cantos se clasifican para xogar por un ascenso ou descenso… Todo o que poidamos falar agora é especular. É un ano moi raro.

FIL: Independentemente do plan competicional, cal é obxectivo da Sarriana para esta campaña?

CHA: Estar no grupo de cabeza dunha maneira ou doutra. Logo marcará a Liga o nivel dos equipos, os posibles ascensos que haxa. Temos que estar entre eses catro ou cinco equipos que pelexen polo ascenso. Dicir o contrario sería ir de falsos humides.

Comparte
                           

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*