Estamos de volta. Despois dunhas semanas de parón. A publicación da II Guía de Fútbol en Lugo marcou o noso traballo nos últimos días. E protagoniza tamén a nosa sección sobre as redes sociais.

#HaiFuturoNoFútbolDeLugo

É o cancelo co que damos difusión a Guía feita por Futbolinlugo e El Progreso. Como xa aconteceu na publicación da primeira guía, arredor deste cancelo recollemos todas as opinións que se van xerando nas redes sociais sobre a revista do fútbol provincial. Foron moitos os equipos e persoas a título individual que nos transmitiron os seus parabéns. E tamén algún erro. Agradecémolo moito. E recordade que segue á venda. Nos vosos quioscos de confianza podedes seguir pedindo a biblia do balompé lucense.

O compromiso do fútbol

Se presumimos de que o fútbol é moito máis ca darlle patadas a un balón é por xestos deste tipo. A semana pasada foi o Racing Vilalbés. Nesta xornada, o Cabreiros, o Xermade e o Roupar amosaron o seu apoio aos traballadores do sector térmico das Pontes e comarca nas súas reivindicacións.

Publicación Cabreiros: aquí

De pais a fillos

O Alfoz sorprendeu este luns nas redes sociais coa reactualización dunha fotografía de 1982. Antigos e actuais directivos forman parte da composición. Algúns deles xogadores. Na de arriba aparecen (de esquerda a dereita): Regueira, alcalde durante máis de 30 anos e socio nº1 do club; Río, un dos fundadores, inventor do escudo e directivo durante máis de 20 anos; e Xusto, xogador e gran axudante do equipo. Na de abaixo, coincidindo na posición de cadanseu pai: Julián, ex xogador e directivo; Dani Río, xogador e directivo; e David, ex xogador e directivo. De xeración en xeración. A maxia de gardar e reinventar. Xenialidade!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*