#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

As nosas redes falan

A primeira xornada do 2019 anunciaba partidazos e non defraudou. Incluso trouxo cambios importantes na clasificación como a saída do Polvorín da zona de descenso na Terceira, o abandono do Viveiro do posto de ascenso directo na Preferente ou a inclusión do Guitiriz e do Bóveda nas posicións de ascenso na Segunda Rexional. Ademais de resultados tamén trouxo a reestrea de dous campos reformados.

Novo Gandarón en Paradela

O Paradela encetou o novo ano xogando o seu primeiro partido como local dende a reforma do Gandarón. Con céspede novo e reformas nas instalacións o Paradela tentará que o seu estadio sexa de Segunda a tempada que vén. O equipo adestrado por Rubén Bergantiños comezou a segunda volta empatando ante un rival directo como é o Antas, pero mantense como líder xa que o Quiroga perdeu no San Martiño co Rubián.




 O Meira volveu á Lomba

Nos últimos anos era habitual que o Meira tivese que utilizar outros campos para xogar os seus partidos durante o inverno. Tamén foi así durante algúns partidos desta campaña, pero o pasado sábado o cadro meirego volveu a súa casa despois do cambio de céspede. O cadro local empatou na Lomba ante o Iberia nun duelo directo da zona baixa cun dobrete dun clásico do fútbol provincial como é Farra. Aínda así, aumentou a súa diferenza cos postos de descenso directo (6 puntos).

De regreso paramos nos bares

O fútbol afeccionado tamén se xoga en horario de mañá. Este domingo o Riotorto e o Burela enfrontáronse nun encontro da Primeira Rexional que finalizou con vitoria visitante. Javi Celes marcou o gol do cadro verde que de volta ao seu concello decidiron facer unha parada en Lourenzá. Os puntos gáñanse no campo e os triunfos celébranse nos bares.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *