#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

As nosas redes falan

O uso das redes sociais aumenta nos equipos de fútbol da provincia. Dous exemplos témolos nos últimos días en dúas contas de twitter. O Abadín estreouse na rede social dos chíos no día do derbi ante o Mondoñedo (0-0) e o Catro Roldas volveu usar a súa conta tamén de twitter despois dun tempo sen facelo. Ademais, tanto en twitter como noutras redes sociais, a actividade volveu ser intensa por parte dos equipos da provincia.

O Friol continúa co seu bo comezo de campaña e sumou a primeira vitoria fóra da casa ante un dos rivais importantes da categoría como é o Racing de Santander (1-2). As rapazas non ocultaban a súa ledicia no vestiario logo de sumar tres puntos máis que as sitúan terceiras clasificadas, só por detrás de Oviedo e Dépor, en principio, os dous equipos que están un nivel por riba do resto.

https://twitter.com/PMFriolCDLugo/status/1043838211737440256

Salientamos as innovacións que chegan ao fútbol modesto. O campo do San Martiño en Quiroga volveu adquirir un detalle máis que o continúa facendo un dos máis atractivos da provincia. O palco vip, os letreiros indicando as distancias con outros campos e agora tamén con videomarcador. Foi estreado nesta fin de semana no encontro no que o Quiroga derrotou pola mínima (1-0) ao filial do Lemos.





Máis aló do meramente deportivo, o que importa é o bo ambiente no vestiario. Diso saben algo en Goiriz que sorprenderon esta semana nas redes con esta imaxe na que se reparte moito amor e sorrisos entre os integrantes do banco.

As condicións van mellorando no fútbol provincial e dentro de pouco o Gandarón de Paradela terá un novo aspecto para a práctica do fútbol. As instalacións foron renovadas e dende a SD Paradela agardan telo listo canto antes. Despois das festas patronais e a actuación de Mago de Oz, Paradela xa sabe que a seguinte gran cita será a inauguración do novo Gandarón.

 

Ver esta publicación en Instagram

 



Gustamos facer as cousiñas despacio.. Pero seguras.. Pronto disfrutaremos del… #eporquenon #goverdes #gandaron

Una publicación compartida de SDParadela (@sdparadela) el

As nosas redes falan

Destacados Primeira. Xornada 4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *