Coa Terceira División xa comezada, a Preferente a piques de facelo, e co resto de ligas tamén preto do seu inicio, a actividade nas redes sociais é cada vez maior. Posiblemente sexa a emoción… comeza a campaña 2017/2018!!!

  • O primeiro posto de hoxe é ocupado por Pedro López. Foi unha das mellores novas para o fútbol base lucense desde hai tempo. Un auténtico canteirán do CD Lugo que debutou o luns co primeiro equipo na Segunda División!

  • O segundo destacado corresponde ao Ribadeo. Para facer grupo entre os seus infantís, fixeron toda unha excursión!

  • Por último, chega unha gran nova. A web do fútbol lucense, Futbolinlugo, chegou aos 1000 seguidores en Twitter. Queremos agradecer a todos os clubes, adestradores, directivos, xogadores, siareiros, amantes do fútbol… que fixeron esto posible! Gracias de corazón, sodes o noso motor!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*