Unha semana máis, como xa é costume, desde Futbolinlugo destacamos o papel que realizaron nos seus encontros do fin de semana as rapazas que representan á provincia de Lugo. Comezando polo PM Friol-CD Lugo, que tras unha xornada de descanso volveu a competir, neste caso na casa do CD Oceja, equipo moi forte no seu feudo.

Porén, as da Reigosa sacaron un máis que meritorio punto ante as cántabras, cun resultado final de 4-4. Na Primeira Galicia, a alegría da xornada chegou da man da SCD Milagrosa, que conseguiu os seus tres primeiros puntos nun partido moi completo en todos os aspectos e no que se impuxeron por 0-3 ao CF Deportivo Orzán, salindo así da última posición.

Peor sorte correu a SD Antas, que non puido puntuar no Castro Seoane ante o Umia, chamado a facer cousas grandes nesta categoría. As lucenses perderon 1-5. Xa na Segunda Galicia, a SD Chantada impúxose con claridad (5-2) ao Imperator nun partido que controlaron de principio a fin. O Carballedo CF non puido superar a unha moi sólida Unión Campestre, que se impuxo ás lucenses por 5-1.

Pero o partido da xornada foi o derbi lucense e comarcal entre PM Friol-CD Lugo «B» e a SG Comercial. A victoria foi para as de Friol, que superaron ás das Gándaras por un contundente 6-0, sendo protagonista María Valcárcel cun hat-trick. Porén, as da capital xa están preparando o choque de volta para vencer na súa revancha.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*