O balance da xornada para as nosas rapazas foi moi positivo, comezando pola SD Antas, que asinou a permanencia na Primeira Galicia tras vencer ao Victoria «B» no Castro Seoane (3-1), nun partido que dominaron desde o primeiro minuto, agás nuns intres nos que as de A Coruña conseguiron o momentáneo empate a un. Pero a partir de aí as celestes tiraron de coraxe e asinaron dous goles que lles permitiron afrontar a recta final do choque con tranquilidade, a sabiendas de que a permanencia dependía delas.
A SCD Milagrosa despediuse da Primeira caendo 5-0 na casa do Orzán SD.

Na Segunda Galicia, comezaron as promocións de ascenso. A mellor nova veu dada pola SD Chantada, que venceu 2-4 á SD O Val, encarando así a eliminatoria. O mesmo resultado, pero en contra, sufriu a SG Comercial ante o Sporting Cambre. E no duelo entre primeiros clasificados, o PM Friol CD Lugo «B» caeu ante o Betanzos 1-4, nun encontro caracterizado pola mala sorte das locais.

Por último, no Fútbol-8, a SCD Milagrosa «B»  superou por 0-3 ao Atlético San Pedro.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*