#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Álex Paz (Viveiro C.F.): «Non hai que ser hipócritas e decir que non pensamos na permanencia»

O Viveiro C.F. non atravesa o seu mellor momento. Con case que media temporada xa gastada ocupa o décimosexto posto na clasificación de Preferente Norte con dezaoito puntos, os mesmos que ten o Residencia, equipo que ocupa posto de descenso. Ademáis ven de perder en Cantarrana ante o Xallas (1-3) amosando unha mala imaxe.

Comezou a temporada pasada un proxecto ilusionante. «Sentimento de Terceira» se podía ler nas redes sociais do clube, que ansía voltar a unha categoría na que xa fai moitos anos que non habita. Contaban con mimbres para acadalo. Fernando Gundín, adestrador de prestixio nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, dirixía un equipo reforzado con xogadores de renome como Dani Fernández, Diego Chis ou Fidi entre outros. Pero as cousas non saíron, e na xornada oito chegou ao banco de Cantarrana Germán Amil. O equipo colleu aire, pero non o suficiente para logralo obxectivo e rematou a temporada lonxe do ascenso.

Esta temporada, logo dunha revolución na plantilla, na que só siguen cinco xogadores da pasada temporada,  tras producirse relevo na dirección deportiva coa chegada de Chusky, e con varias baixas dos novos fichaxes a situación do equipo é cando menos preocupante.

Desde FUTBOLINLUGO falamos cun dos xogadores chamados a lideralo equipo no futuro máis inmediato: Álex Paz. Vaille no sangue. O seu tío, Darío Paz acadou o ascenso a División de Honra co mítico Cefire Burela, e agora él é peza clave no Viveiro C.F.



FUTBOLINLUGO: Ola Álex. Como viviche o partido ante o Xallas do pasado domingo? A que che parece que se debeu o baixo rendimento do equipo?

ÁLEX PAZ: Comezamos ben, tendo oportunidades claras, como un man a man de Xenxo contra o porteiro, pero a raíz do gol deles e aínda que conseguíramos empatar o resultado faltáronnos cousas para facelo mellor e competir a un mellor nivel.

Álex Paz, nun partido desta temporada en Cantarrana. Foto: Facebook Viveiro C.F.

FUTBOLINLUGO: Semella que vai ser unha temporada complicada. No vestiario hai temor pola permanencia?



ÁLEX PAZ: Non hai que ser hipócritas e decir que non se pensa na permanencia. Pero aínda queda unha segunda volta enteira e existen opcións de mellorar e avanzar na clasificación. Só nos ten que preocupar traballar ao máximo tódalas semanas e que chegue o domingo e dalo todo no terreo de xogo.

FUTBOLINLUGO: Julio Camba, Alberto, Xaime, Álex Paz, Álex Meitín, Arturo…só por citar algún dos integrantes do plantel. Por nomes non deberá haber problema para salvarse.

ÁLEX PAZ: Temos grandes xogadores no equipo, pero na miña opinión os nomes non xogan, e con isto non quero decir nada malo dos meus compañeiros nin me refiro a eles, só que moitas veces no entorno futbolístico pénsase que por chamarnos así xa se vai gañar. Iso non vale, tamén existen rivais no terreo de xogo.

FUTBOLINLUGO: O ano pasado a plantilla estaba confeccionada para ascender. Este ano partíase con ese mesmo obxectivo?

ÁLEX PAZ: A palabra ascenso é moi grande, no sentido de que antes do comezo da liga é moi difícil ou case que imposible pensar neso. Na Preferente Norte en cada partido xogas contra grandes rivais e grandes xogadores cada partido.



FUTBOLINLUGO: Este ano houbo unha revolución na plantilla e deixaron o clube pesos pesados do vestiario. Chegaron moitos xogadores novos, dos que moitos deixaron o equipo por diversos motivos. En que perxudica ao equipo tanto vaivén de xogadores?

ÁLEX PAZ: Os motivos polos que se vai ou chega xente non entran dentro do meu traballo, polo que non me meto meses temas. Está claro que cun cambio tan radical é moi complicado que a plantilla comece ben. É normal que custe arrincar xa que temos que pasar un periodo de adaptación para coñecernos persoal e futbolísticamente.

FUTBOLINLUGO: Germán Amil deixou o equipo e chegou Chusky. Case dous meses despois, en que cambiou o Viveiro co novo adestrador?

ÁLEX PAZ: Cada adestrador ten a súa maneira de traballar, iso é persoal, xa que a utiliza para sacarlle o maior partido ó equipo que dirixe. O noso traballo é, sexa o adestrador que sexa, dalo todo nos adestramentos e nos partidos.

FUTBOLINLUGO: Fai pouco tempo falabamos con Aurelio, e decíanos que xogadores coma ti ou Arturo, que chegades dos xuvenís, marcariades a diferencia na categoría. Ves necesario que o equipo aposte máis pola xente da casa?

ÁLEX PAZ: Na miña opinión hai xente da casa que si pode valer para competir en Preferente, pero hai outra que non, con tódolos meus respetos para todos.

FUTBOLINLUGO: O equipo xuvenil da Liga Galega está con opcións de ascenso á Liga Nacional. Burela e Ribadeo contan cun bo equipo. Como é posible que na Mariña non den o salto máis xogadores aos primeiros equipos ou mesmo a outros de superior categoría?

ÁLEX PAZ: En canto ao equipo xuvenil coñezo á maioría dos xogadores, xa que coincidín con moitos na miña etapa no fútbol base e sei que hai xogadores que poden chegar e dar o salto. Pero por outra parte, e non falo do Viveiro C.F. nin de ningún club en particular, senón a nivel xeral, hai xogadores que non dan o salto a unha categoría superior, porque facelo non é decir soamente que xogo na Preferente, senón que xogar nunha categoría como esta, leva horas de adestramente e horas de adicación, un gran sacrificio, e moitas outras cousas que se piden e que por parte de moitos non se levan a cabo.  Aproveito para desexarlles moita sorte aos meus compañeiros do xuvenil e ogallá acaden o ascenso!

Álex Paz, chutando a porta. Foto: Facebook Viveiro F.C.

FUTBOLINLUGO: A nivel persoal, eres un fixo no once inicial. Como te atopas logo da grave lesión da temporada pasada?

ÁLEX PAZ: Tras moitas horas de rehabilitación, de traballo e dedicación á lesión, recupereime totalmente da fractura e puiden acabar xogando esa mesma temporada os últimos partidos na Liga Galega Xuvenil e tamén algún en Preferente. En canto á miña situación no once, teño que seguir traballando para manterme ahí e axudar aos compañeiros e ao Viveiro C.F. nesta situación difícil, pero que non é imposible de salvar. Iso si, temos que remar todos na mesma dirección, ser todos un e dalo todo semana tras semana.

FUTBOLINLUGO: Moitas grazas Álex e sorte.

ÁLEX PAZ: Grazas a vós.

 

Bo Nadal e Feliz 2018

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *