O Xermade foi o gañador da 9ª edición do Trofeo Manuel González. Superou ao Cabreiros na final xogada no Catro Ventos de Cazás. Esteban, Borja e Chungui sentenciaron o partido para o cadro adestrado por Rebolo. O capitán Pepe marcou o gol da honra de penalti para os pupilos preparados por Abel Rochela. Ao final do encontro entregáronse os trofeos aos catro equipos participantes. Dúas fin de semanas que serviron de preparación aos catro equipos do municipio. O Xermade, o Cabreiros e o Roupar serán rivais na Segunda Rexional. O Cazás xogará na Terceira.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*