Xa o advertiron os expertos. Este confinamento ía rematar con moitas historias de amor. Así foi. Despois de dezaoito anos de íntima relación, A Medela e Nico puxeron fin á súa preciosa aventura. Nicolás Fuentes Taboada (Lalín, 18-01-1985) colga as botas. Non é un simple adeus. Supón a marcha dun dos capitáns dun dos emblemas da vila. O brazal queda orfo dun dos seus máis dignos portadores.

Nico, nunha páxina de La Voz de Galicia

FUTBOLINLUGO: Boas Nico. Imaxino que non será fácil tomar unha decisión así…

NICO: Xa pensara en marchar o ano pasado. Estes útimos tres anos non puiden estar ao 100%, principalmente por lesións. Pero cambiou o adestrador e insistíronme. Quedei. Iso si, adestras e xa como que non era. Non o disfrutas ao 100%. Ademais son autónomo e imaxínate unha lesión. Só a posibilidade de operarme outra vez do menisco, era unha faena.

«Non podería describir nunha soa palabra o que é A Medela»

FIL: Vexo que tes o adeus asimilado. Así que gustaríame que fagas unha viaxe mental á Medela. Xa como exxogador. Pechas os ollos e… Que é o primeiro que se che vén á mente?

NIC: Véñenme miles de recordos. Ao final botas alí moitas horas. Sempre colaborei un montón con Cantina. Sobre todo os primeiros anos de xuvenil. Non podería describir nunha soa palabra o que é A Medela.

FIL: Moito tempo, quizais demasiadas horas no verde de Taboada. Como empezou todo?

NIC: Eu empecei no Calasancio. Era moi complicado desprazarme ata Monforte. No primeiro de xuvenís viñemos Marcos máis eu para Taboada. Aquí destacaba un pouco, fisicamente sobre todo. E xa xogabamos maratóns de fútbol sala. Viñemos para xogar nos xuvenís e axudar no primeiro equipo. Ao final non xoguei case nada en xuvenís. Estabamos Marcos e eu, con dezaseis anos, xogando con homes. Botas tantas horas que acaba en amor ao club.

«Xa pensara en marchar o ano pasado»

FIL: E con que momentos nos quedamos deses dezaito anos de branquiazul?

NIC: Dos mellores recordos que teño a nivel persoal é o partido no Luis Bodegas contra o Calasancio. E outro en Santa Comba de hai quince anos. A nivel persoal son dos mellores. O do Calasancio xogabamos para subir a Primeira Rexional, primeiro contra segundo. Fixen un bo partido e un gol. En Santa Comba, fora un partido que quedaramos con nove. Non sei se sería a misma temporada. Marcara un gol, creo, e puntuaramos alí con nove. A nivel de equipo quédome co ascenso en Noia, o máximo. E unha final de Copa en Chantada contra o Ribadeo.

FIL: Quédache algunha espiña cravada nesta dulce traxectoria?

NICO: Un certo mal sabor de boca por non ter gañado unha Copa co Taboada. Faltoume iso.

EN CURTO

Un adestrador: Emilio García. Foron moitos anos xuntos e empecei con el.

Un compañeiro: Levo toda a vida xogando con Marcos ‘marroquí’. Sempre xuntos.

Un gol: Quizais o que lle metín ao Calasancio no partido que rematamos ascendendo.

Un afeccionado: Marcos Cantina. Ademais de Xosé Canti e Manolo Rey.

Comparte
                                 

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*