#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A Copa Deputación intercalarase coa Liga se nada se torce

A sorpresa maiúscula semella que vai ser posible. Hai dúas semanas comentamos as intencións da Real Federación Galega de Fútbol para vindeiras campañas no fútbol lucense. Pero unha das ideas principais xa se vai desenvolver nesta tempada se non hai cambios de última hora. Así se anunciou nunha nova reunión ma Delegación da Federación en Lugo este mércores. A Copa Deputación cambia de formato. Polo menos para os equipos da Segunda e da Terceira Rexional. Non se xogará a final de temporada como ata agora. A primeira rolda xa será na pretemporada.

Mantéñense as eliminatorias a partido único. En principio, o mesmo sistema será para a Primeira e a Preferente. Pero no seu caso as datas aínda non foron anunciadas. Prevese que se decidan cando se coñeza o calendario da liga regular na Primeira. Tamén se desenvolvería un sistema similar na Copa feminina. Aínda que no seu caso o número de partidos é menor. Só falta a confirmación final da Deputación de Lugo. O ente provincial está pendente de formar oficialmente a súa corporación. Pero de primeiras, ve con bos ollos a proposta. No caso de que finalmente este formato de Copa non saia, manteríase o dos últimos anos. 

 
O novo formato de Copa inclúe un partido xa antes de empezar a Liga na Segunda e na Terceira Rexional

Calendario eliminatorias Terceira e Segunda Rexional:

8 setembro: 1ª rolda



8 decembro (ponte da Constitución): 1ª rolda

22 decembro (finde antes de Nadal): 3ª rolda

23 febreiro (finde do Entroido): 4ª rolda



24 maio: Semifinais

31 maio: final

No aspecto económico hai novidades. A Federación tamén vai aportar cartos. Só por participar. Os conxuntos da Preferente percibirán 800€, os da Primeira 500€ e os da Segunda e Terceira 300€. Ademais, se nada cambia, a Deputación aportará os 400€ por rolda xogada como viña facendo.

Máis novidades:

Con respecto a competición regular tamén hai algunha modificación. Só se vai unificar o horario na última xornada. Estes anos facíase nas dúas últimas. Ademais hai datas de inicio. A Segunda Rexional comezará a fin de semana do 15 de setembro. A Terceira Rexional empeza unha semana máis tarde, o 22 de setembro. A semana que vén podería saír o calendario da liga nestas dúas categorías. 



 
A participación do Valadouro na Terceira Rexional está no aire

Participación no aire:

Polo momento o Valadouro non se deu de baixa da competición. Ao conxunto de Ferreira correspóndelle competir na Terceira este ano despois do descenso do curso anterior. Aínda así, polo momento é difícil que saia. Tamén o Nausti aparece entre os inscritos como unha das novidades para este ano. Aínda que non está nada claro que o equipo da parroquia vilalbesa de Noche poida saír finalmente. Na intención de competir están traballando. 

Fútbol base:

Xa apuntaramos o novo sistema de competición na categoría xuvenil.  A Primeira e a Segunda. Pero hai algunha modificación. A Primeira vai estar formada por once equipos (un conxunto descansará cada xornada). O CD Foz decidiu saír na Segunda de xuvenís. Polo que na Primeira só haberá un descenso. 

A Copa Deputación intercalarase coa Liga se nada se torce

Diario dun Mercado. Episodio 124

A Copa Deputación intercalarase coa Liga se nada se torce

Diario dun mercado. Episodio 125

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *