Deixámosvos unha escolma dos encontros máis interesantes que podemos ver este fin de semana na nosa provincia, sen esquecer o Partido da Xornada:

TERCEIRA DIVISIÓN

 – Polvorín – Alondras (Domingo ás 19:15 horas na Cheda): logo do meritorio empate acadado no campo do Arenteiro, os de José Durán tentarán gañar para abandonalos postos de descenso. Enfronte, un Alondras que amosa unha gran irregularidade neste comezo ligueiro.

Pablo Rey xa é un dos veteráns do filial do C.D. Lugo

– Racing Vilalbés – Arousa (Domingo ás 17 horas na Madalena): coa intención de facerse fortes no seu feudo, os de Simón Lamas buscarán esquecela derrota en Paiosaco cun triunfo ante un conxunto chamado a estar a na zona alta, pero que polo momento, non cumple coas expectativas.

PREFERENTE NORTE

 – Club Lemos – Sigüeiro C.F. (Domingo ás 12 horas na Pinguela): enfrontamento entre dous conxuntos recén ascendidos con traxectorias negativas. Os de Edu Rodríguez precisan un triunfo para rachar cunha xeira de catro derrotas consecuivas, ante un Sigüeiro que non puntuou nas tres últimas.

– C.D. Foz – S.D. Dubra (Domingo ás 17:30 no Martínez Otero): logo de encaixar máis tantos na derradeira xornada no campo do Sofán que nas catro xornadas anteriores, os de Gayol tentarán blindar de novo a súa área ante un Dubra que aspira a situarse na zona de privilexio.

Bouso, un dos máis destacados deste comezo ligueiro do C.D. Foz

 – S.D. Residencia – S.D. Sofán (Domingo ás 16:45 na Cheda): os lucenses buscarán o triunfo que se lles resiste desde a primeira xornada. Enfronte un equipo xa consilidade que chega á Cheda tras golear ao Foz.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

 – S.D. Monterroso – Atlético Escairón (Domingo ás 17 horas en Cerdeiriños): un dos grandes favoritos ao ascenso visitan a un Monterroso invicto. Os de Montoto, tras caer no seu campo ante o Xove Lago, non quererán distanciarse da zona alta.

O Monterroso comezou a temporada na zona alta

U.D. Xove Lago – S.D. Burela (Domingo ás 17 horas no Municipal): derbi mariñán entre conxuntos en forma. O cadro local gañou no Municipal do Saviñao na última xornada, mentras que os burelaos golearon ao Santaballés e presentan a súa candidatura a colarse na zona alta.

SEGUNDA AUTONÓMICA

 – Sporting Pontenova – S.D. Guitiriz (Domingo ás 17 horas na Mina): o conxunto local quererá refrendar o seu bo comezo ligueiro. Reciben a un dos favoritos. Os de Delfín Romero víronse sorprendidos no seu campo polo San Ciprián, polo que tentarán non deixar máis puntos nestas primeiras xornadas.

 – S.D. Chantada B – Ferreira C.F. (Sábado ás 17 horas no Sangoñedo): o filial chantadino, que comezou a temporada nun bo momento de xogo e resultados, recibe a un Ferreira que sumou os tres primeiros puntos a pasada xornada.

Rafa anotou na vitoria do Ferreira diante do Santa Comba

TERCEIRA AUTONÓMICA

 – Fonsagrada – Rioaveso Machinango (Domingo ás 17 horas no Gómez Besteiro): ámbolos conxuntos comezaron do mellor xeito posible. Gañando e goleando. Os locales quererán facer un feudo do seu campo e impoñer a súa condición de favoritos ante un Rioaveso que non renuncia a nada.

O Antas parte esta temporada co gran obxectivo de acadalo ascenso a Segunda

– S.D. Rubián – S.D. Antas (Domingo ás 17 horas no Poste): os da Ulloa xa demostraron na primeira xornada que son claros favoritos ao ascenso. Enfronte un Rubián, que comezou arrancando un punto do sempre difícil campo do Sober.

PRIMEIRA GALEGA FEMININA

 – P.M. Friol B – U.D. Mos (Domingo ás 17 horas na Reigosa): coa intención de seguir invictas na Reigosa, as de Covi tentarán dobregar ao aínda invicto Mos. Un conxunto que tan só cedeu un empate nas tres primeiras xornadas.

SEGUNDA GALEGA FEMININA

 – C.D. Lugo – Portazgo S.D. (Domingo ás 16:30 horas no Luís Gorgoso): o novo proxecto lucense buscará comezar con bo pé no seu primeiro encontro como local. Fóra, xa deu mostras do seu potencial.

Esther lidera o novo proxecto do C.D. Lugo

– Carballedo C.F. – Sporting Burgo (Domingo ás 12 horas no Catro Ventos): ámbolos conxuntos buscarán os seus primeiros puntos. As lucenses, cun proxecto continuista, quererán mellorar os resultados da pasada temporada.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*