No fin de semana no que a Segunda Autonómica bota a andar, e xa con encontros destacados, deixámosvos os encontros máis salientables que se poden ver na nosa provincia. Esta é a nosa escolma:

TERCEIRA DIVISIÓN

 – Polvorín – Ourense C.F. (Domingo ás 18 horas na Cheda): rival de envergadura o que visita ao filial do C.D. Lugo. Compromiso complicado para os de Durán, que terán que convertir en puntos as boas sensacións amosadas na súa visita ao campo do Choco. O rival chega tras golear ao Rápido de Bouzas.

José Durán afronta unha nova temporada como máximo responsable técnico do Polvorín

 – Racing Vilalbés – C.S.D. Arzúa (Domingo ás 18 horas na Madalena): os de Simón Lamas, logo de gañar no campo do Somozas, reciben a un Arzúa que non coñece a derrota na súa primeira temporada en Terceira. Os pupilos de Alberto López son segundos na clasificación.

PREFERENTE NORTE

 – Club Lemos – S.D. Fisterra (Domingo ás 18 horas na Pinguela): despois de dúas derrotas consecutivas, os monfortinos precisan dun triunfo diante da súa afección. Enfronte un conxunto recén ascendido, pero que se reforzou moi ben, con xogadores de gran calidade como Herbert, ou a recente fichaxe de Santi Taboada, ex xogador de Fabril, Boiro e Racing Vilalbés, entre outros.

– S.D. Sarriana – S.D. Dubra (Domingo ás 18 horas na Ribela): os de Dani Fernández, invictos, prometen ser o conxunto intenso e difícil de dobregar da temporada pasada, aínda que cun cadro de xogadores totalmente renovado. Enfronte un Dubra, que ao igual que os sarriaos, pelexarán polos postos de privilexio.

Omar, un ano máis, comezou a temporada goleando

– C.D. Foz – S.D. Residencia (Domingo ás 18 horas no Martínez Otero): derbi provincial entre dous dos conxuntos chamados a pelexar pola permanencia. O comezo dos mariñáns convida ao optimismo ao manterse invictos logo de enfrontarse a Sarriana, Noia e Arteixo. Os capitalinos venceron a un rival directo como é o Xallas, pero caeron nos dous seguintes encontros.

PRIMEIRA AUTONÓMICA

 – E.D. Lourenzá – S.D. Burela (Domingo ás 17 horas en Santa Cruz): derbi mariñán que promete emoción. Os de Diego Rego, que a piques estiveron de sorprender ao Xove Lago, reciben a un Burela chamado a estar na zona alta. O cadro verde, non puido co Riotorto na xornada inagural.

Suso, experiencia para a zaga do Lourenzá

– S.D. Pol – Atlético Escairón (Domingo ás 17 horas no Manuel Luna): o cadro local comezou cun sorriso, logo de vencer ao San Roque, e tentará dar a sorpresa ante un dos conxuntos máis fortes da categoría. Os de Montoto xa o demostraron na primeira xornada ante o Santaballés.

SEGUNDA AUTONÓMICA

– Sporting Pontenova – S.D.C. Roupar (Sábado ás 18 horas na Mina): os de Andrés Bouza, que volta a Segunda, buscarán comezar con bo pé e deixar claro que aspiran a todo, ante un Roupar que estre novo proxecto e que pretenderá repetir cando menos a boa temporada pasada.

 – C.D. San Ciprián – C.D. Alfoz (Sábado ás 18:30 horas na Veiga): dos históricos fronte a fronte. Os de Suso Martínez, recén ascendidos, comezan ante un dos grandes favoritos ao ascenso. O Sanci, confeccionou un equipo para estar na zona alta e buscará un comezo que ilusione á súa afección.

PRIMEIRA DIVISIÓN GALEGA

 – P.M. Friol B – E.F.M. Concello de Boiro (Domingo ás 19:30 horas na Reigosa): primeiro encontro na casa para o filial do Friol na Primeira Galega. Logo da derrota ante o Villestro, un triunfo na Reigosa sería un bo regalo nun día histórico.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*