Fotos: EFF Rosalía
Hai quince días falabamos dun ourensán defendendo as cores dun club lucense. Hoxe dámoslle a volta e conversamos cunha lucense que defende as cores dun club ourensán, neste caso o único equipo feminino da provincia, e que se enfronta a varios equipos lucenses. Bea comezou a súa traxectoria no fútbol hai só 3 campañas no club da súa vila, a SD Chantada, desde onde chegou esta tempada á EFF Rosalía. Nesta sección conxunta conversamos con ela da man de Futbolinourense.
FUTBOLIN: Que te leva a fichar esta tempada pola EFF Rosalía?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
BEA LÓPEZ: Pois foi gracias a Noa Fírvida, que ao ser compañeiras de facultade sabía que xogaba e que o Chantada non ía saír a competir. Ademais, ao estudar aquí, éme todo máis sinxelo de compaxinar.
«Ó coñecer a Noa, saber que o Chantada non competía, e estudar en Ourense, deuse a miña fichaxe pola EFF Rosalía»
FUTBOLIN: Que valoración fas desta experiencia no fútbol ourensán?
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
BL: A verdade é que me gusta ver e aprender de todo o mundo, está sendo unha experiencia moi boa.
FUTBOLIN: Como valoras o papel que leva feito o equipo no que vai de tempada?
BL: Pois creo que o estamos facendo moi ben e que estamos collendo un bo ritmo. Cada vez compaxinámonos mellor dentro do campo.
FUTBOLIN: Que obxectivos vos marcades como equipo no que queda de campionato?
BL: Pois eu creo que o obxectivo principal é seguir desfrutando de poder xogar nesta situación tan atípica, e seguir indo en cada partido a pola vitoria.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
FUTBOLIN: E ti a nivel persoal?
BL: Eu a nivel persoal pois quero seguir collendo o ritmo para axudar no que poda e a seguir desfrutando e aprendendo.
«Non sabería dicir por que hai un só equipo feminino en Ourense e moitos máis en Lugo»
FUTBOLIN: Por que cres que en Ourense só hai un equipo feminino, mentres que na provincia de Lugo hai moitos máis?
BL: Pois a verdade é que é algo curioso e non sabería dicir un por que, xa que supoño que haberá rapazas que queiran xogar ao futbol ao igual que na provincia de Lugo. Todo o que sexa o apoio ao deporte paréceme xenial, e cando falamos do futbol feminino que está en crecemento aínda mellor.
FUTBOLIN: Cales cres que deben ser as claves para que siga a medrar, tanto nunha como na outra provincia?
BL: Pois eu creo que as nenas que queiran desfrutar do fútbol que teñan a oportunidade de aprender e de poder competir. Creo que a clave é que haxa apoio ao fútbol feminino dende pronta idade.
BEA NA A-56…
Un campo da provincia de Lugo?
Sangoñedo.
Un campo da provincia de Ourense?
O de Velle.
Un lugar da provincia de Lugo?
Pois a Ribeira Sacra.
Un lugar da provincia de Ourense?
Carballiño.
Unha compañeira de vestiario?
Pois a “culpable” de que hoxe esté no Rosalía, Noa Fírvida.
Un momento vivido no fútbol?
Eu creo que o partido da fase de ascenso que xogamos na SD Chantada; pese ó resultado, ver a cantidade de xente que se achegou ata alí animar foi moi bonito.