#Cadetes #Fútbol Base #Infantís #Xuvenís

Comezan as ligas provinciais!

As ligas provinciais de base en Lugo son sempre un cúmulo de sorpresas, emocións, bágoas de alegría e tristeza… e esta fin de semana botará a rodar o balón para inaugurar a temporada 2017/2018. Non obstante, non todos os rapaces comezarán esta semana. Se queres saber máis, continúa lendo.

Comezaremos falando dos infantís, nados en 2004 e 2005. Estes últimos comezan unha bonita etapa no Fútbol-11, na que collerán experiencia e mellorarán todas as súas aptitudes! Os equipos que compiten nesta liga serán o Atlético Abuín, EF Polvorín «B», Sagrado Corazón, Sarriana, Ferroviaria «A», Milagrosa «B», Becerreá, Racing Villalbés, Residencia, Piringalla, Palas, Antas, Ribela, Casás, Viveiro, Lugo «B», Racing Villalbés «B», Foz, Milagrosa «A», Ferroviaria «B», Xove Lago, Porto Burela, Lourenzá, San Ciprián Castro. Os equipos divídense en Grupo Norte e Sur.

A priori os favoritos para conseguir o ascenso serán un Racing Villalbés que o ano pasado quedouse ás portas de dar o salto, a Residencia, a Milagrosa, Porto Burela… pero se algo caracteriza a estas ligas e máis en estas idades son as sorpresas que deparan, polo que realmente todos os equipos son favoritos.

Cambiando aos cadetes (2003-2002), a composición das ligas ten certos parecidos. Dous grupos divividos xeograficamente, con Lourenza, Porto Burela, Xove Lago, Villalbés «B», Polvorín «B», Milagrosa «A», Residencia «B», Viveiro, San Ciprián, Castro, Foz e Ribadeo no grupo norte e Becerreá, Monterroso, Sagrado Corazón, Residencia «A», Polvorín «A», Ferroviaria, Abuín, Palas, Ribela, Sarriana e Antas no sur.



Igual que nos infantís, favoritos ao ascenso neste caso temos a clásicos que sempre pelexan polos primeiros postos (Polvorín, Residencia, Milagrosa, Viveiro…) aínda que os equipos revelacións son habituais (como é o caso da Ferroviaria o ano pasado).

E por último, os máis maiores, os xuvenís (1999, 2000 e 2001). Neste caso, o grupo sur arrincará máis tarde do previsto debido á retirada da Comercial. O resto do grupo estará composto por Quiroga, Monterrosa, Sagrado Corazón, Sarriana, Polvorín «A», Milagrosa «A», Becerreá, San Roque, Residencia «A», Palas Taboada. No grupo norte (que si comezará esta semana) os equipos serán Viveiro «B», Ribadeo, Sporting Pontenova, Residencia «B», Cospeito, Foz, Ferroviaria, Polvorín «B», Porto Burela, Xove Lago, Outeiro de Rei, Lourenzá e Castro.

A liga xuvenil caracterízase polos numerosos aspirantes cos que conta todos os anos (rapaces que están preto de rematar a súa etapa na base e queren levar bo sabor de boca). Este ano non será menos e todos optarán aos primeiros postos!



Se queres coñecer todos os calendarios de maneira íntegra, só tes que entrar aquí:

http://http://futbolinlugo.es/futbol-base/as-ligas-locais-botaran-a-rodar-o-dia-16-de-setembro/

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *