A pasada fin de semana competiron en Moraña as seleccións lucenses sub-12, nunha serie de encontros correspondentes á Segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

As seleccións lucenses, que chegaban á cita con escasas opcións, competiron o mellor que souberon, e de seguro que puideron sacar algo máis positivo do campionato.

Os 13 integrantes do cadro de xogadores masculino fixeron unha labor moi digna, perdendo pola mínima nos dous partidos ante os combinados que acabarían sendo primeiro e segundo de grupo. Así, sumaron un total de un punto no campionato. Porén, os obxectivos nestas idades van moito máis lonxe de gañar ou perder, consistindo básicamente en gañar valores e aprender a respectar!

Pola súa banda, á selección feminina tamén fixo un bo traballo da man de Iria Rey, unha habitual protagonista do noso fútbol feminino.As pequenas costoulles máis adaptarse a un torneo deste calibre, e perderon ante as seleccións de Vigo e Santiago, concluindo o campionato na última posición.

O fútbol feminino, de todos xeitos, continúa medrando na nosa provincia, polo que nós quedámonos coas cousas boas!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*