O CD Lugo conta con equipos en todas as ligas Galegas, Nacionais e De Honra.

Hoxe, queriamos facer un recoñecemento a todos os nosos equipos de base que disputan campionatos como a Liga Galega, a Liga Nacional ou a División de Honra. Desde infantís ata xuvenís, Residencia, Burela, Calasancio, Lugo, Villalbés e Viveiro son os seis clubes lucenses con representación nestas categorías.Comezando pola Liga Galega Infantil, pódense diferenciar nela dous grupos: o primeiro, o grupo norte, no que contamos con dobre representación: O CD Lugo, asentado na cuarta praza, que da acceso á disputa do campeonato galego entre os catro mellores equipos do grupo norte, e os catro mellores do sur, e a Residencia, posicionada na metade da táboa. No grupo sur o único representante lucense é o Calasancio de Monforte, equipo que pelexa por manter a categoría nunha liga realmente igualada e de gran nivel.

O Viveiro estáse a abrir un gran oco na base de Lugo.

Cambiando de categoría, chégalle o turno aos cadetes. Diferenciamos Liga Galega Norte e Sur. Na norte un recén ascendido, o Porto Burela, e o Lugo B loitan pola permanencia, estando agora mesmo ambos en postos de descenso, pero moi preto da salvación. Máis arriba, no medio da táboa, atópanse o Viveiro e o Villalbés, equipos que son grandes referentes no fútbol base da provincia. Na Liga Galega Sur, o Calasancio volver ser o único conxunto lucense. Neste caso, os rapaces atópanse máis arriba na táboa que os infantís deste mesmo clube, situándose na metade da clasificación.

E se o Lugo B estaba na Liga Galega, o Lugo A xoga na División de Honra Cadete, e están a desempeñar un gran papel (son quintos) a pesar de contar últimamemente cunha mala xeira de resultados.

O Racing Villalbés é un referente na base lucense.

Tras analizar aos cadetes, é o momento dos xuvenís. Nesta categoría, a representación lucense divídese en tres ligas: A Liga Galega Xuvenil, na que xoga un Viveiro que pelexa polo ascenso á Liga Nacional xuvenil, onde xa contamos con clubes da provincia, como son o Lugo B e o Calasancio, situados na zona media, e o Racing Villalbés, que é sexto e tenta conseguir ascender á División de Honra, na que o Lugo A é quinto, e está a firmar unha espectacular campaña, competindo de con clubes como Sporting de Xixón ou Racing de Santander.

E con isto, rematamos o repaso de todos os clubes de base que levan o nome da provincia de Lugo en cada desprazamento, ben sexa a Vigo, Coruña, Pontevedra, Ferrol, Oviedo… todos estes rapaces merecen un amplo recoñecemento, sen dúbida ninguna!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*