A pasada fin de semana disputouse a última xornada de fútbol base correspondente ao ano 2017. Para pechar o ano, queriamos facer un recopilatorio de todas as cousas, tanto positivas como negativas, que nos deixaron estes 365 días na base de toda a provincia, desde aqueles que en xuño remataron a súa traxectoria nas categorías inferiores ata os que comezaron a mesma en setembro, pasando por alevíns, infantís… 

O fútbol máis bonito é, sen dúbida, o que é practicado por pequenos, pequenas (e outros non tan pequenos) cada semana nos distintos campos de fútbol que alberga a nosa provincia. Os sorrisos, as apertas, e ata as bágoas agochan os sentimentos máis sinceiros que se poden atopar nun contexto futbolístico, polo que cómpre falar un pouco de todas as emocións vividas neste apaixoante 2017 por rapaces de entre 6 e 19 anos.

Imos comezar polos máis pequenos, os prebenxamíns, os benxamíns e os alevíns (6-12 anos), que son aqueles que aínda xogan partidos de Fútbol-8, debido a que as dimensións dos campos de Fútbol-11 lles resultan lixeiramente grandes. Na nosa redacción somos partidarios de que, a estas idades, os resultados e as clasificacións son completamente secundarios, pero si que nos quedamos con diversas emocións vividas nalgúns choques ou en torneos. Son especialmente destacables estes últimos porque son xornadas na que pais, fillos e incluso avós ou tíos disfrutan ao máximo. Velaquí unha moi breve selección de imaxes destes nenos e nenas!!

O EF Polvorín acompañará ao Lugo na Liga Galega Grupo 1

Pasamos agora aos infantís, categoría na que centos de nenos compiten polo ascenso á Liga Galega. Gustaríanos destacar a actuación na temporada 2016/2017 do EF Polvorín, que conseguiu o ascenso da man de Francisco Caballero e que esta campaña acompaña ao CD Lugo como representación lucense na Liga Galega Infantil Norte. Non obstante, todos os equipos fixeron un dignísimo papel durante todo este ano e de seguro que alegrías como a do Polvorín non tardan en chegar, por exemplo o merecido ascenso da Residencia (cara negativa do ano 2017), recén descendida da Liga Galega a pesares de facer unha gran campaña.

Residencia cadete, primer clasificado a nivel provincial na 2016/2017.

Nos cadetes, os nosos rapaces non acadaron ningún ascenso, pero sen dúbida son dignos de mencionar dous equipos, Polvorín Residencia, que chegaron á semifinal e á final polo salto de categoría, respectivamente, e que nos deleitaron xornada tras xornada co seu fútbol. Por suposto, as actuacións de CD Lugo “B” e Racing Villalbés en Liga Galega Cadete Norte, a do Calasancio no Grupo Sur e a de CD Lugo en División de Honra son destacables!

E por último, chegamos aos rapaces que competiron na categoría xuvenil. Como aspecto negativo, sinalamos o descenso do Calasancio desde a Liga Nacional á Liga Galega Sur, pero os de Monforte regresarán cedo ao seu lugar! O CD Lugo de División de Honra conseguiu unha das súas mellores clasificacións históricas, sendo cuartos clasificados con 61 puntos! E o Racing Villalbés conseguiu o seu primeiro ascenso á División de Honra, máxima categoría do fútbol xuvenil, ademáis de que o Racing Villalbés “B” tamén subiu de categoría, neste caso á Liga Galega Norte!

O Racing Villalbés “B” acadou o ascenso á Liga Galega Xuvenil

De seguro que se nos escapan detalles, polo que non dubidedes en informarnos, ademáis de todos os logros a nivel individual de moitos dos xogadores: fichaxes por clubes “grandes”, convocatorias coas distintas seleccións… pero neste artigo cubrimos tan só aqueles logros colectivos, xa que é no compañerismo e na cooperación na que se fundamenta o fútbol base!

O 2017 estivo cargado de ledicia e, como nos gusta dicir, “borrollismo”. Pero nós non nos conformamos con iso. Queremos un 2018 aínda mellor. Buscamos que todos os rapaces desfruten xogando, e aproveiten cada minuto de adestramento e de partido cos seus amigos, e buscamos que todos eles atopen en Futbolinlugo unha plataforma na que ver os seus logros e coa que poden interactuar!

Gracias a todos os adestradores, directivos, xogadores e afeccioados que se prestaron a colaborar para lograr contar cunha sección de fútbol base todas as semanas no noso portal web, e gracias tamén a aqueles que aínda non apareceron pero de seguro o farán próximamente. Todo esto non sería posible sen vós!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

1 ComentarioDeixa un Comentario

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*