#Fútbol afeccionado #Veteráns

Fiz Rodríguez, SD Compostela: «Necesitaba un cambio despois de tantos anos adestrando»

Levamos toda a semana publicando entrevistas e reportaxes de clubes que volven á competición esta fin de semana, en concreto conxuntos de Terceira División e os seus adestradores. Pero hai outra categoría que bota a rodar este sábado e domingo: a Segunda División B, competición que será insólita, ao presentar un formato de competición moi diferente a outros anos. 

Aínda que non temos ningún clube da provincia na Segunda B, si que contamos con representación lucenses nos equipos galegos. Un destes representantes é Fiz Rodríguez Carballo, analista da SD Compostela. O da Pastoriza, vello coñecido do nos fútbol, formará parte do corpo técnico do equipo santiagués na súa volta á categoría de bronce do fútbol español.

Fiz, na súa etapa no Ribadeo CF.

Así, Fiz afástase dos banquiños -onde realizaba a labor do adestrador- e traslada a súa «demarcación» ás bancadas, desde onde desempeñará unha tarefa diferente á que nos tiña afeitos. O técnico de 37 anos conta cunha amplia traxectoria no mundo do fútbol: como adestrador, dirixiu á UD Pastoricense, a equipos de base do CD Lugo, á SD Sarriana e ao Ribadeo CF, onde chegou a debutar como preparador na Terceira División. Fai un par de anos trasladou a súa actividade deportiva á capital de Galicia, onde foi subindo escalóns: o primeiro ano adestrou ao Xuvenil «B» da SD Compostela, o segundo ao filial compostelán, e no terceiro da o salto ao primeiro equipo.

Alén de todo iso, o pastoricense tamén acostumbra xogar a fútbol. Si, como xogador. O ano pasado facíao nos veteráns da UD Pastoricense. Pero anos atrás facíao no primeiro equipo do clube da súa vila, co que -xa como adestrador- conseguiría o último ascenso vivido no Acebreiro (2010). Este ano aínda non decidiu que facer, por mor da crise da Covid-19. Falamos hoxe con Fiz para saber máis deste novo posto e para coñecer cal é o proxecto deportivo no que se ve involucrado.



Futbolinlugo: En que consiste exactamente o teu traballo como «analista»?

Fiz Rodríguez: Eu adícome fundamentalmente a analizar ao equipo rival. Puntualmente hacemos cortes do equipo propio, pero eso é máis tarefa de Yago Iglesias e de Rodri. Visualizamos os dous ou tres últimos partidos, e a partires de aí elaboramos un informe para enviarlo ao corpo técnico os luns ou os martes. Ademais ás veces axudo a facer a presentación que se lle pon aos xogadores, e tamén faremos vídeos breves de futbolistas rivais para que os visualicen os nosos.

FIL: Cando decides afastarte dos banquiños e cambiar o teu rol?



FR: Foi unha decisión que xurdiu polas circunstancias. O ano pasado formeime na análise deportiva e no verán apareceu esta posibilidade. É unha oportunidade moi bonita que me permite aprender moito, ademais de permitirme ver o fútbol desde outra perspectiva. Creo que necesitaba o cambio porque levaba moitos anos adestrando. Ao final libraste algo da tensión de cada fin de semana e, aínda que teña moito máis traballo que nos últimos anos, estou encantado.

FIL: Que «pros» e «contras» hai en cada unha destas labores?

FR: Un dos pros de ser analista é que a responsabilidade é moito menor á hora de decidir, de xestionar o vestiario, non estás no punto de mira constante… pero tamén che gusta a tensión do partido. O analista ten en contra que son moitas horas de traballo nun despacho. Por outro lado, sempre gusta preparar un partido, elaborar adestramentos coa fin de encarar o choque… pero eu estou moi contento.

«Somos humildes, pero creo que temos o necesario para facer as cousas ben.»



FIL: Como está a ser a preparación da temporada por parte da SD Compostela?

FR: Distinta por todo o que rodea este momento. Xa Yago Iglesias dixo o outro día que estaría ben xogar máis amistosos, pero non foi posible. Porén, hai moito traballo posto no proxecto e percíbese moita ilusión por parte de todos para facer un gran ano.

Fiz (dereita), anos atrás, no campo do Becerreá.

FIL: Hai recursos dabondo para realizar ben a túa tarefa neste fútbol «non-profesional»?

FR: Somos o Compos e non temos os recursos do Deportivo ou outros clubes. Somos humildes, traballamos co xusto e, aínda que igual nos gustaría traballar con algún medio máis, creo que o que temos permite facer as cousas ben. Con acceso a máis plataformas ou mellores programas de análise estaría moito mellor. Tamén contamos cun departamento con adestradores da base que colaboran recogiendo información e realizando cortes de partidos, fan un gran labor.

Fiz, primeiro pola dereita, co filial da SD na 19/20.

FIL: A túa bagaxe como técnico é amplia. Entre todos os anos que adestraches, quedaríaste con algunha temporada?

FR: Todas teñen importancia. Por un lado, o Pastoricense é o máis importante: a miña vila, os meus amigos, o meu irmán… o ascenso á Primeira e estar preto da Preferente os anos seguintes foi increíble. Na Sarriana, co ascenso e o traballo que estábamos facendo na base. No Ribadeo, a oportunidade de adestrar na Terceira e o grupo humano que había alí, xa que gardo foi boa relación con todos. Na base do Lugo tamén coincidín nunha boa etapa, cando o clube saltou ao fútbol profesional. Agora da gusto ver a futbolistas como Iago Carracedo (UD Logroñés) ou Julén Fernández (CD Lugo) ás portas do fútbol profesional, ogallá os sigan motos máis.

«Non penso en nada máis que disfrutar co que estou facendo agora.»

FIL: Pensas en volver ao fútbol da túa provincia?

FR: Estou asentado en Santiago e non penso en nada máis que disfrutar co que estou facendo agora. Estou realmente contento, desde que cheguei ao clube fai dous anos o trato foi espléndido. Tan só penso en poñerme a redactar o informe do Deportivo para axudar a gañarlles a semana que vén (je, je)!

Sempre é un piacer charlar con Fiz Rodríguez sobre unha das cousas que máis nos gusta a todos nós, o fútbol!!

Fiz Rodríguez, SD Compostela: «Necesitaba un cambio despois de tantos anos adestrando»

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *