#Fútbol afeccionado #Feminino #Primeira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 235

Suso Orxás

Parecía que calmara o mercado. Falsa alarma. Ollo co menú de hoxe, que vén con importantes novidades. Comezamos pola Terceira División, coa operación saída en Viveiro en pleno agosto. O club de Cantarrana, con overbooking de fichas de xogadores maiores de 23 anos, viviu dúas despedidas nas últimas horas. O central Dani Montes non seguirá e Jacob fará as maletas con destino Ribadeo, onde xa xogou varias campañas atrás.

Os de Chusky seguen peinando o mercado en busca dun ‘nove’ ante as lesións de consideración de Arturo e Álex Meitín. Así mesmo, traballan arreo para incorporar dous xogadores sub-23 da zona de Ferrolterra.

Fichaxes varias na Primeira

A Primeira tamén está que arde. O Pol confirmou tres fichaxes. Suma á causa ao defensa Ander (ex xuvenil do CD Lugo) e aos extremos Nadir (Imperátor) e Álex Paz (Viveiro e Foz). En Alfoz xogará o extremo Víctor, asiduo co Foz a pesares de ser xuvenil nas últimas temporadas. E no Chantada Atlético reforzan a súa defensa con Bruno Rodríguez. O exxogador de equipos como Calasancio ou Lemos pode actuar nas posicións de central ou lateral dereito.

Cambio de decisión

Tamén houbo tempo na categoría para dous cambios de aires. O meta Sergio Cid, que ía formar parte do Antas, defenderá a portería do Portomarín finalmente. Mentres que o xa clásico central Suso Orxás cambia Riotorto por Pastoriza.



Apunte feminino

Por último, un apunte de fútbol femenino. O PM Friol comunicou a fichaxe de Noemí Pozo. A xogadora andaluza, de 18 anos, procede do Málaga. Pode ocupar calquera posición do centro do campo. Tamén anunciou a incorporación da porteira María Hueto. A gardamallas, de 17 anos, tamén chega dende o Málaga.

Diario dun mercado. Episodio 235

A nova Preferente xa ten forma

Diario dun mercado. Episodio 235

Diario dun Mercado. Episodio 236

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *