#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Definidas as rutas polo ascenso e o descenso na Primeira

O Burela conseguiu onte o último billete para o ascenso a Preferente, despois de gañar pola mínima en Folgueiro (0-1). E ver como o Xove Lago non pasaba do empate na súa visita ao Riotorto (toda a información da xornada nos Máxicos Luca’s Grill de mañá).

Agora os de Luchi terán que medirse na primeira xornada do Grupo Ascenso co campión da zona sur: o Portomarín. Chantada e Pol abrirán as hostilidades entre dous dos favoritos ao ascenso. Mentres que a última xornada deixará un Portomarín-Castro, no que podería chegar a ser unha auténtica final polo ascenso.

CLASIFICACIÓN GRUPO ASCENSO

Portomarín e Castro: 5 puntos.



Pol e Taboada: 3 puntos.

Chantada e Riotorto: 2 puntos.

Burela e Chantada Atlético: 1 punto.



CLASIFICACIÓN GRUPO D1

O primeiro dos grupos pola permanencia comeza do seguinte xeito:

Monterroso: 5 puntos.

Sporting Pontenova: 4 puntos.

San Lázaro: 3 puntos.



Pastoricense: 2 puntos.

San Roque: 1 punto.

Folgueiro: 0 puntos.

CLASIFICACIÓN GRUPO D2

O segundo dos grupos pola permanencia comeza do seguinte xeito:

Xove Lago: 5 puntos.

Outeiro de Rei: 4 puntos.

Lourenzá: 3 puntos.

Guntín: 2 puntos.

Alfoz: 1 punto.

Friol: 0 puntos.

Definidas as rutas polo ascenso e o descenso na Primeira

O anecdotario: «De hospitais e multas», por

Definidas as rutas polo ascenso e o descenso na Primeira

A Sarriana garante o liderado e o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *