#Fútbol afeccionado #Feminino #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Carballedo albergará o II All Star Futbolinlugo

Agora que parece que empezamos a vislumbrar algo de normalidade, é o momento de dar boas noticias. Volve o All Star Futbolinlugo na súa segunda edición. Despois do éxito rotundo na estrea en Burela, este agardado evento quere dar un paso adiante e consolidarse no panorama futbolístico galego.

Para elo, quixemos mover os marcos ata a punta contraria da provincia. Para expandir ao máximo a gran festa do fútbol lucense. E Carballedo acollerá esta segunda entrega. Só podemos dar grazas ao Concello e ao Carballedo FC por todas as facilidades mostradas. As negociacións foron realmente sinxelas e rápidas.

Nas próximas datas comunicaremos a data oficial deste evento, que será o colofón da temporada na que o fútbol volveu ao completo trala pandemia. Unha edición moi especial, con novidades. E sobre todo, con moito fútbol! Vémonos en Carballedo!



Carballedo albergará o II All Star Futbolinlugo

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 14

Carballedo albergará o II All Star Futbolinlugo

O PM Friol golea ao líder e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *