#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

A Deputación ten a intención de reanudar a Copa 2020

Foto de portada: twitter @RibadeoFC

Os efectos da Covid impediron que o novo formato da Copa Deputación completara o seu proceso. A idea de intercalar o torneo coas competicións regulares cumpriuse ata febreiro. O confinamento impediu a súa continuidade. Naquel momento xa estaban definidas as semifinais en todas as categorías, agás na Primeira e na Preferente. Faltaba un partido de cuartos de final por xogarse. O Atlético Escairón e a Residencia tiñan previsto facelo o 19 de marzo (día festivo). Os equipos que seguían na torneo eran os seguintes:

Semifinais Copa Preferente e 1ª

Atlético Escairón/Residencia – Ribadeo
Chantada Atlético – Sarriana



Semifinais 2ª e 3ª

SD Viveiro – Guitiriz
Lemos B – San Lázaro

Semifinais FutFem



CD Lugo – Friol B
Carballedo – Antas

Esta semana o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez e o deputado de Deportes da Deputación de Lugo, Efrén Vázquez mantiveron unha xuntanza coa Copa como punto principal. A intención da entidade provincial é reanudar o torneo e xogar as fases finais. Non obstante, todo queda pendente de se o permite a situación sanitaria e de que o autoricen as autoridades competentes.

O Friol A venceu na última final de Copa ao Friol B. Na edición do 2020 só participa o filial

Negrín: «Se se puidese, xogaríase antes de empezar a liga»

«Desexamos que se podan xogar antes de final de ano. No caso contrario non se poderían destinar as recompensas económicas por un tema administrativo de autorización. Non se corresponderían co o ano do presuposto para o que foron deseñadas. Non obstante, os ingresos dos partidos xogados ata o momento estarían garantizados», afirma Carlos Méndez ‘Negrín’ sobre as particularidades da competición. A idea é xogar se se pode: «O que estea da nosa man farase. Pero hai cousas que non dependen de nós. Se se puidese, xogaríase antes de empezar a liga. Que lle servira aos equipos tamén como unha especie de pretemporada e ver o funcionamento. Imaxínate que a liga empeza para novemebro, entón dúas semanas antes xogaríase a Copa», apunta Negrín quen recoñece que a situación epidemiolóxica nestes momentos na provincia de Lugo non é nada  vantaxosa.



Os clubs

Polo de agora os equipos que están aínda vivos na competición non teñen ningunha notificación de que a Copa se xogue. Si teñen moi presente o compromiso xa dende as reunións do mes de abril que a intención era rematala. Os clubs amósanse escépticos; gustaríalles que se xogara pero a situación é probable que non o permita. Ademais dende algunhas entidades quéixanse do pouco interese que se lle está prestando ao fútbol feminino de portas para dentro. Afirman que hai pouca comunicación cos clubs implicados. Pola súa banda, Negrín apunta que, se non hai imprevistos, este mércores comezarán unha serie de reunións dende a Federación cos clubs. Comezarán pola Preferente e así sucesivamente.

O San Lázaro gañou a última edición da Copa Deputación da 2ª e da 3ª. Foto: Roberto Carreira

Copa 2021

A Deputación tamén ten a intención de desenvolver a Copa correspondente a esta tempada. Comprométese a manter as cantidades económicas acordadas na pasada campaña. Pagaba unha cuantía por cada eliminatoria que se gañaba. Ademais dun premio final. Por cada rolda xogada como visitante os equipos de Preferente e Primeira cobraban 450€. Mentres que os de Segunda, Terceira e fútbol feminino ingresaban 385€. Por cada eliminatoria xogada como local os equipos da Preferente e da Primeira cobraban 600€. Pola súa banda, os da Segunda, Terceira e fútfem ingresaban 450€. A maiores había premios econonómicos para os finalistas. Na final da Preferente e 1ª o gañador cobraba 5.000€ e o subcampión 4.000€. Na final da 2ª e da 3ª Rexional o campión ingresaría 4.000€ e o subcampión 3.000€. Os mesmos premios serían para as protagonistas do partido definitivo no fut fem. Serián 4.000€ para o equipo gañador e 3.000€ para o subcampión. O curso anterior co cambio de formato a RFGF tamén aportaba unha recompensa por participar. Negrín asegura que a intención é repetir, pero este aspecto aínda non está confirmado oficialmente.

A Deputación ten a intención de reanudar a Copa 2020

O porvir do fútbol base lucense

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *