#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Xusto (S.D. Silva): «No Racing Vilalbés vivín momentos inesquecibles»

Un veterán do noso fútbol. Xusto Pardeiro (Cangas de Foz, 30-05-1987) amósase feliz no Silva, clube no que a pandemia do Covid-19 non lle deixou rematar a súa primeira temporada, pero que vén de asinala renovación para continuar unha campaña máis no equipo coruñés. Malia todo, non esquece o seu periplo no Racing Vilalbés, onde chegou a xogar unha promoción de ascenso a Segunda División B.
Nestas datas de confinamento, Xusto revolucionou o twitter da maioría dos afeccionados lucenses ao fútbol ao crear unha competición virtual que denominou Copa da Mariña. Falamos con él dunha competición que naceu para a ficción, pero que podería ter cabida na realidade.
FUTBOLINLUGO: A Copa da Mariña virtual revolucionou o twitter nestes días de confinamento. Como surxiu a idea de creala?
XUSTO: A verdade é que si que foi unha revolución. A idea surxiu por un lado, porque sempre escoito falar a algún amigo que teño na Costa da Morte da famosa Copa da Costa, que a viven con moitísima ilusión enchendo os campos da zona. Entón, eu que boto de menos a miña terra, que é a Mariña e tamén o fútbol que é a miña paixón ocurríuseme montar esta copa virtual.
«Estou moi sorprendido. En algún encontro superáronse os oitocentos votos»
FIL: Agardabas que tivese tanta repercusión nos afeccionados e incluso entre os propios equipos?
X: Desde logo que non, nin por asomo. Xa nos oitavos de final vin que tódolos partidos superaban os douscentos votos, pero a cousa foi a máis con moitísima xente dándolle a ‘gústame’ ou retwitteando e os propios equipos e afeccionados pedindo apoio. Nas semifinais nun dos partidos superáronse os oitocentos votos . Estou moi sorprendido e á vez moi contento porque vexo que a xente o pasa ben e se implica co seu equipo, máis nestes momentos nos que é preciso desconectar  un pouco da realidade, aínda que sexa por uns minutos, e entreterse con algo diferente.
Foto: El Progreso
FIL: Cres que este formato que surxiu para unha competición virtual sería viable para levar á realidade? Por exemplo nunha pretemporada.
X: Si, véxoo moi factible. Sobre todo, como ti dis para unha pretemporada, xa que a maioría dos equipos se enfrontan a rivais cercanos para coller a forma. E si o fan cun extra de motivación por pasar de ronda e cun punto competitivo pos seguro que todos sairían gañando.
«Estou encantado no Silva, un clube humilde que me acolleu moi ben»
FIL: Como levas estes preto de dous meses de confinamento? De que maneira cres que afectará esta pandemia de cara afo futuro?
X: Lévoo bastante ben. Paso o confinamento nun piso na Coruña e prefiría estar no meu pobo en Foz, pero non me podo queixar. Estou coa mellor compañía posible que é a miña muller, e hoxe en día temos moitas comodidades aínda estando encerrados. A liberdade que tiñamos ata o de agora imos tardar en recuperala, polo menos ata que se atope unha vacina, pero alegra ver que imos avanzando e podemos comezar a saír algo, pero debemos facelo con moito sentidiño.
FIL: Xa a nivel deportivo, según as últimas novas a competición na Terceira está rematada e o Silva seguirá un ano máis na categoría. Como valoras a túa primeira temporada no clube?
X: Pois creo que fixemos unha boa temporada. Tivemos un baixón ao pouco de comezar que nos levou incluso a postos de descenso, pero logo recuperámonos con catro vitorias consecutivas ata que se produciu o parón. Colleunos no mellor momento, pero pódese decir que o equipo ía polo bo camiño de cara a salvación cunha vantaxe importante cos postos de descenso.
«O Racing Vilalbés voltará a pelexar polo play-off se mellora nos encontros en céspede artificial»
FIL: O clube anunciou a renovación de boa parte do cadro de xogadores, entre os que te atopas. Que tal a túa experiencia no Silva?
X: Ofreceu a renovación a tódolos xogadores e eu aceptei porque estou encantado. É un clube moi humilde que me acolleu moi ben, tanto xogadores como corpo técnico e directiva formamos unha gran familia, polo que non dubidei en renovar.
Xusto, segundo pola dereita na fila superior, foi un fixo no centro da defensa do Racing Vilalbés
FIL: Antes da túa chegada ao Silva fuche parte importante no Racing Vilalbés. Como viche este ano ao teu ex equipo?
X: O Racing Vilalbés foi o equipo máis importante no que estiven. Alí fixen grandes amigos e vivín momentos inesquecibles. Este ano creo que teñen un gran equipo, pero non conseguiron manter a regularidade fóra da casa, especialmente nos campos artificiais nos que o equipo sufre moito. Mellorando ese aspecto, estarán pelexando polo play off de novo.
FIL: Cal cres que é maneira máis xusta de rematar a temporada? Dous ex equipos teus como o Viveiro e o Foz estarán directamente implicados nas decisións federativas.
X: É difícil, porque ningunha das medidas que tomen vai contentar a todos. Quizáis a que queren adoptar é a que favorece ao maior número de equipos, sobre todo aos que evitan o descenso, como por exemplo o Foz. Neste caso alégrome moito por eles porque seguramente sigan outro ano en Preferente. En canto ao Viveiro é xusto que ascenda posto que xa o tiña practicamente feito, e despois de tantos anos intentándoo sería moi inxusto que non poidera subir.
XUSTO EN CURTO . . .
 – A mellor experiencia: Xogar o play off de ascenso a Segunda B co Racing Vilalbés.
 – A peor experiencia: O minuto de silencio que se gardou polo falecemento de meu pai.
 – Un gol: un que marquei co Viveiro no campo do Carral desde 60 metros.
 – Un partido: En Pulpí (Almería), cando conseguimos pasar a segunda ronda do play off de ascenso.
 – Un compañeiro: Diego Muiña. Oito anos aguantándoo de compañeiro son moitos. . .
 – Un adestrador: Óscar Gilsanz. Foi o que máis anos me adestrou.
 – Un rival: Michi Leal. Sempre o tiven enfrente e retirouse cando eu cheguei ao Silva.
 – Un estadio: No que eu xogara Pasarón. Como afeccionado o Bernabeu.

Xusto (S.D. Silva): «No Racing Vilalbés vivín momentos inesquecibles»

Ángel Villar, PM Friol: «Quen nos diría

Xusto (S.D. Silva): «No Racing Vilalbés vivín momentos inesquecibles»

Fazañas: O Taboada que se colou no

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *