O fútbol lucense fixo unha gran xornada esta fin de semana con resultados positivos para a maior parte dos equipos. O principal foi o derbi na preferente entre Pol e Burela que serviu para que os de Labrada puidesen acadar a súa primeira vitoria da tempada cun Dani estelar. Pola súa parte, outro que tamén abriu a conta de vitorias foi o Racing Vilalbés, mentres que a Sarriana gañou en Cantabria e o Lugo B segue na zona alta tras un novo gol de Aday. Lemos e Viveiro empataron, pero con moi boas sensacións.
Dani decide o derbi da xornada do fútbol lucense
O Pol levouse o derbi do fútbol lucense na Preferente ante o Burela por 2-0 cun encontro no que dominaron nos primeiros minutos, onde tiveron dúas grandes oportunidades con remates de Omar e Diego. O Burela intentouno a base de presionar para tratar de conseguir roubos en boas zonas, pero sin éxito. No minuto 42, Dani aproveitou un centro para poñer o primeiro tanto no marcador xusto antes do descanso.
O Burela quixo ter máis o dominio na segunda parte, pero o Pol mantivo un gran nivel defensivo para que Javi Liz non pasase apuros. Foi o porteiro o que iniciou a tranquilidade dos chairegos, xa que nun saque de porta atopou a Dani para sentenciar o encontro e deixar os tres puntos no Municipal de Pol, os cales son os primeiros da tempada para o equipo que dirixe Labrada.
Millán dá tres puntos de gran importancia á Sarriana
A Sarriana conseguiu unha vitoria de gran importancia de cara á permanencia ante o Sámano por 1-2. Ben é certo que as cousas non arrincaron de cara para os de Iván Carril, xa que encaixaron o primeiro tanto no minuto dous de encontro. Pese a iso, os lucenses dominaron e, case ao instante, Edu tivo un gran man a man que salvou o porteiro. Tamén tiivo unha moi clara na media hora de encontro Ju con un gran cabezazo.



O partido xa estaba do lado da Sarriana, pero no descanso Iván Carril deu entrada a Boedo, o que cambiou definitivamente o encontro. No minuto 50, Millán faría unha gran xogada individual e cun zapatazo estrelou o balón no longueiro. Só seis minutos despois, Hugo Villaverde cazou un rexeite para empatar o encontro. Houbo que esperar ao minuto 87 para que a Sarriana puxese o tanto da vitoria cunha contra lanzada por Fernando na que Iago Díaz deixou en boca de gol a Millán para pechar os tres puntos.
Catro de catro para Aday e Trigo sigue estelar
O Lugo B consigue unha gran vitoria pola mínima (1-0) ante o Montañeros que lle fai manterse nos postos de play off da Terceira Futgal. O encontro non tivo grandes ocasións nos primeiros minutos para os de Dani Galán, onde faltou claridade nos tramos de máis control. A igualdade seguiu ata que, no minuto 53, Aday define ante o porteiro para firmar o seu cuarto gol en catro encontros. O Montañeros foi a polo empate e o filial albivermello tivo que saber aguantar para frear aos coruñeses e incluso estar a piques de sentenciar.
O Racing Villalbés está de celebración, xa que conseguiron a primeira vitoria da tempada nun encontro no que dominaron ao Noia ata vencer 2-0. Na primeira parte, Borja Míguez e Pablo Trigo generaron moito perigo para amosar a superioridade. Foi na segunda parte onde Herrero abriu a lata cun cabezazo tras un centro de Borja Míguez. No minuto 75 foi Pablo Trigo quen convertiu para facer o segundo tanto e deixar os tres puntos na Magdalena. Ademáis, Vérez volveu aos terreos de xogo despois da súa lesión en abril do 2024.
Empates que puideron ser vitorias
O Lemos sumou un dos dous empates do fútbol lucense nunha visita moi complicada ante o Atlético Arnoia que rematou 2-2. Os de Edu Rodríguez amosáronse superiores e abriron a lata cun gol de Sergio nun saque de curruncho. Os ourensáns responderon na segunda parte cos tantos de Raúl Gallego e Xinzo para poñerse por diante, pero Adri Díaz igualaría o enfrontamento no minuto 89. De feito, os monfortinos estiveron a piques de igualar, pero o colexiado pitou falta e anulou un gol no desconto.
O Viveiro tamén foi quen de plantar cara ante o Boiro e conseguir un punto tras un empate sen goles. A primeira parte foi de moito traballo defensivo para os de Alberto López e foi na segunda onde chegaron os mellores minutos dos da Mariña con claras ocasións para Nacho e Rolle. O Boiro ameazou con marcar, pero a mellor foi para Yanike, que non puido conectar no minuto 95 un pase a Rolle nunha situación de dous para un que o deixaba en clara posición de gol.
