Xoel Irimia, centrocampista do Atlético Escairón

Xoel Irimia (Atlético Escairón): «Cada vez somos máis un equipo»

O Atlético Escairón recibe ao Ribadeo este domingo no Municipal do Saviñao ás 17.00 horas nun derbi da Preferente no que hai moito en xogo. O conxunto que dirixe Brais Prados chega necesitado, pero con boas sensacións grazas a bos partidos ante Dubra e Lalín. O Ribadeo en cambio necesita gañar para alonxarse dun descenso que xa só está a catro puntos despois da boa xeira de resultados do Val. Moitas das opcións de salvación de ambos pasan por conseguir os tres puntos no derbi.

A brúxula do Atlético Escairón está sendo Xoel Irimia. O sarriao está a vivir a súa primeira tempada na Preferente tratando de axudar aos do Saviñao a conseguir a salvación. O mediocentro pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevistan falaron das dificultades para a permanencia, de como estaba afrontando a tempada e como chegan ao derbi ante o Ribadeo.

Dous últimos encontros: «A imaxe nosa cambiou. No primeiro si que tivemos a opción de ter unha victoria pero non tivemos porque tiñamos o partido encarrilado e coa sensación de ter máis. Vexo que cada vez somos un máis equipo e imos todos no mesmo camiño. Fáltanos ter máis gol, que é algo vital nesta categoría».

Primeira tempada na Preferente: «É a miña primeira tempada na categoría, pero estoume encontrando ben. Inda así, gustaríame aportar moito máis ao equipo no apartado estatístico, xa que é o que marca o rendemento dos xogadores. Os tres adestradores confiaron en min e déronme consellos para mellorar o meu xogo e iso axúdame a estar máis cómodo».



«No Escairón vemos no derbi unha opción de reengancharnos»

Salvación: «Non estamos nunha situación fácil, pero se gañamos este finde poñémonos a seis e co average particular gañado. É unha gran oportunidade para reengancharnos e encima coa nosa xente apoiándonos:

Derbi ante o Ribadeo: «A coletilla de final sempre hai que poñela. O importante é conseguir sumar e intentar dalo todo coma sempre. Os derbis sempre son un partido especial contra xente que coñeces ou da que se fala moito na provincia».

A Preferente para Xoel: «É unha categoría de áreas, podes ser moi superior ou inferior, inda que estamos todos moi parellos, a diferencia está nun dianteiro que mete moitos goles ou unha defensa que os saca»



Foto do Atlético Escairón

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *