#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Varela (Lemos): «A miña primeira idea é pasar a ser un socio máis»

Lemos, Varela

O Lemos conseguiu unha permanencia que vale ouro tras conseguir unha vitoria valiosa no último encontro da Preferente ante o Galicia Mugardos por 2-1. Os goles de Sergio e Adrián Salgado serviron para que todo un histórico do fútbol lucense evitar tanto o descenso directo coma os arrastres, algo que aínda mantén expectante ao Val. Moito sufrimento nunha tempada longa que ao final tivo o mellor premio posible.

Despois dunha tempada dura como a que tivo o Lemos, é tempo de valorar como foi o ano e quen mellor que Varela, capitán do equipo, para facelo. O xogador do Lemos pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontáronse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do que foi o curso, a chegada de Edu Rodríguez, a chave da permanencia, o último encontro e o futuro.

Tempada complexa«Despois dunha primeira volta bastante boa, aínda que non tivemos unha pretempada axeitada por baixas e lesións. A chegada de Edu Rodríguez e os reforzos axudáronnos e estivemos xustos para salvarnos. Nas últimas tres xornadas o equipo competiu moi ben e penso que merecemos quedar na competición. Esperemos que na vindeira tempada poidamos manternos con moita máis tranquilidade».

Chegada de Edu«Edu cambiou a dinámica do grupo no día a día ao traer a novos xogadores que aumentaron o número nos adestramentos. A cousa foi máis profesional e, aínda que non houbese mellores resultados debido a que todos apretan na segunda volta e os puntos son máis complicados, si que o grupo demostrou un mellor rendemento»



«Pablo Losada foi a chave da tempada do Lemos»

Chave da permanencia«Estivo na portería. Pablo Losada deunos moitos puntos cun auténtico temporadón. O equipo soubo xuntarse atrás para encaixar poucos goles, pero costábanos xerar xogo e ter oportunidades de marcar goles».

Último encontro«Contra o Mugardos tivemos tres opcións claras de gol nunha primeira parte na que fomos superiores. No último terzo de tempada o físico perxudicounos no tramo final e no partido sufrimos. No último cuarto de hora controlamos o partido e solventamos o encontro»

Futuro de Varela«Xurei que me retiraba o ano pasado e acabei estirando un ano máis. Xa non digo nada porque despois do precedente, aínda que as tempadas xa se me fan moito máis longas. Na pretempada tes ilusión, pero a conciliación co traballo e coa familia costa. O día a día xa é esixente e ter partidos lonxe fai que a familia pague moito. Non teño valorado se vou seguir no fútbol, incluso seguir adestrando pero non o teño claro. A primeira idea é deixalo e ser un afeccionado máis do Lemos.».



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *