Unai Peón recolle o MVP do All-Star Futbolinlugo

Unai Peón (Montañeros): «O All Star é unha experiencia única»

Unai Peón foi unha das grandes estrelas da quinta edición do All Star Futbolinlugo celebrada na Cheda e foi considerado o mellor xogador do encontro. O lucense fixo unha tempada na que foi un dos piares fundamentais do Atlético Coruña Montañeros. Os coruñeses conseguiron ser campións do Grupo Norte da Preferente e agora afrontan un ascenso á Terceira RFEF onde Unai Peón continuará a ser unha das súas grandes figuras. O premio a esa campaña foi ser un dos primeiros xogadores lucenses que non militan nos clubes da provincia en xogar na festa do fútbol provincial.

Entrevista a Unai Peón

Xogar en Lugo: «É moi bonito poder xogar na provincia de Lugo como local, é unha experiencia única que hai que desfrutar, xa que non se vive todos os días».

Lucenses da Terceira: «A verdade é que na Terceira RFEF hai tres lucenses e este ano xa subiu a Sarriana cun gran equipo. O Rácing Vilalbés sempre está porque é un dos grandes da categoría e vai competir nos postos altos para loitar por todo».

O regreso de Unai Peón: «De momento estou estudando na Coruña e quédame un ano. Vou facer cuarto de INEF e a partir de aí a ver o que depara o futuro. Polo de agora, renovei un ano máis co Montañeros e despois xa se verá».

Unai Peón (Montañeros): «O All Star é unha experiencia única»

Diario dun Mercado. Episodio 476

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *