#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Un veciño castigador nunha xornada de dúbidas na zona alta

Os Máxicos da Primeira na duodécima xornada xa teñen nome e apelidos. Aquí están!

 

*Outeiro de Rei-Guntín: Posesión estéril do Outeiro no seu exilio á Reigosa de Friol. O Guntín fixo o que mellor sabe para protagonizar a sorpresa da xornada. Defendeu con moito orde e mostrouse letal ao contragolpe. Conseguiu dous goles en rápidas transicións e mesmo se permitiu o luxo de perdonar un terceiro cun balón ao longueiro. Diego Redondo firmou o gol da honra para os de Josito Jul.

*Burela-Pol: Duelo de contrastes na Marosa. Despois dun leve retraso no comezo, o Burela impuxo o seu fútbol na primeira metade. Jairo dominou o frente de ataque e Jony encargouse do gol para os de Jaime Méndez. O Pol pasou da incomodidade á perigosidade na reanudación. Reaccionou tras o descanso e foi quen de igualar o encontro nunha boa acción colectiva. Os de Fernando Corredoira puideron levar o triunfo nun man a man ante un rival que perdeu por lesión a Jairo e Jony. Dous homes máis para a enfermería mariñana.



*Santaballés-Chantada Atlético: Letal. Así se mostrou unha semana máis o Santaballés. Marcou un gol ao inicio de cada metade despois de sendos malos despexes do rival. Un Chantada Atlético que perdonou boas oportunidades na primeira metade. De Adri, Congui e Dani. E ao que non lle quedou outra que arriscar para remontar na reanudación. Aí, os de Dani Moirón defenderon con intelixencia e rigor. E remataron goleando cunha contra e un penalti.

*Folgueiro-Pastoricense: Duelo disputado e entretido no que os dous goles chegaron en catro minutos. Adiantouse o Pastoricense pasada a media hora cun remate de Manu. Empatou Pedro nunha falta lateral. Na segunda metade, Jonathan evitou o doblete de Manu. E o Folgueiro buscou constantemente as espaldas da zaga visitante. Os homes de Jandri Rego caeron en fóra de xogo en exceso. E o marcador non se moveu máis.

*Lourenzá-Castro: O balón parado e, sobre todo, o vento mandaron en Santa Cruz. O condicionante atmosférico provocou que unha parte fose para cada equipo. Na primeira, mandou o Castro. E Niko Edrosa firmou un córner olímpico. Na reanudación, o Lourenzá meteu en campo propio aos de Vitín. Os branquivermellos empataron e viron como o colexiado lles anulaba un gol. No tramo final, Fede aproveitou un rexeite dunha falta botada por Niko e levou os tres puntos para o Arturo Pereiro.



*Taboada-Atlético Escairón: O líder sucumbiu na Medela. O Atlético Escairón adiantouse nada máis comezar cun remate cruzado de Aitor. Da igualdade da primeira metade pasouse a unha reanudación cun guion ben diferente. Esta vez foi o Taboada o que marcou ao empezar. Un tanto que lle deu moita vida. Os de Manu firmaron un segundo tempo soberbio, moi completo. E firmaron a remontada cunha gran presión e dous tantos máis. Gabri firmou un doblete.

*Riotorto-Friol: Terceiro triunfo consecutivo dun Riotorto á alza. A primeira metade foi un intercambio de golpes. Dani axusticiou aos seus excompañeiros e Alberto Buján empatou antes da media hora para o Friol. Tralo descanso, os de Suso Orxás tomaron o mando. Dani Roca certificou o seu doblete para un cadro local que puido conquerir algún tanto máis. Corre o rumor por Friol de que o seu veciño e antigo xogador Dani Roca pode quedar sen cadeira en próximas cenas.

*Xove Lago-Monterroso: Un erro defensivo decidiu un encontro disputado e sen apenas oportunidades de gol. De feito, na primeira metade as ocasións de perigo foron prácticamente nulas. No segundo tempo, o Monterroso apretou ata o límite un balón en banda e serviu en bandexa a Lorenzo para facer o único gol do partido. Nos últimos minutos, o Xove buscou o empate incluso con nove xogadores. Non baixou os brazos ata o derradeiro pitido do colexiado e Pelayo estivo a piques de salvar un punto. O seu disparo marchou fóra. Os de Óscar Méndez regresan a postos de ascenso.

*Chantada-San Roque: Set en branco no Sangoñedo simultáneo á final da Copa Davis. Partido dominado de principio a fin por un Chantada que mostrou a súa mellor versión ante un San Roque que quixo pero non puido. Dominio e ocasións locais que se traduciu en goles. O sexto do xuvenil Pedro, que debutaba cos de Juan Rodríguez.



 

 

O Viveiro amplía diferencias no liderato da

Un veciño castigador nunha xornada de dúbidas na zona alta

O partido en imaxes: Brollón-Oural (2-1)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *