Burela e Pol, en apoio á loita contra o cancro antes do derbi

Un derbi acaba en táboas e Diego Rey decide o outro

Esta foi para o Trío de Ases O Cantón a xornada dos derbis. O da Preferente era toda unha final para ambos clubs que decidiu un penalti lanzado por Diego Rey para que o Pol conseguise a vitoria. No outro, Racing Villalbés e Viveiro empataron por 2-2 nun encontro no que agsallaron un gran fútbol. No resto de encontros, o Lemos empatou, o Lugo B perdeu na casa ante o Arosa e a Sarriana volveu caer no desconto ante o Fabril.

Diego Rey decide un derbi chave

O pretexto do derbi da Preferente facía indicar que o encontro ía dar para moito. O Pol comezou con máis forza, sobre todo a través da posesión. O Burela tivo problemas para presionalos, pero Omar quixo coller o protagonismo. O dianteiro abriu a lata no minuto 12 e volveu golear no minuto 36 para poñer o partido moi costa arriba ao Burela de cara a segunda parte. Os da Mariña tiveron oportunidades, pero non puideron recortar distancias ata despois do descanso.

Os de Oke axustaron e aproveitaron unha erro do Pol na saída de balón para facer unha gran combinación que derivou no gol de Jairo Campo no minuto 47. Oito minutos despois, foi Diego Chao quen se impuxo ao cambio de ritmo dos chairegos para empatar. Todo cambiou cunha expulsión a Yeray por dobre cartón amarelo que deixaba aos mariñáns con dez. O Pol aproveitouno e, cun penalti no minuto 81, Diego Rey deulle os tres puntos aos de Labrada.

Ese tanto de penalti provocou moitas cousas en termos clasificatorios. A vitoria do Pol permítelle saír dos postos de descenso, pero a quen meten e ao propio Burela. Pero a distancia é moi pequena, xa que entre os mariñáns e o oitavo posto que ocupa o Miño só hai catro puntos de diferencia. Queda claro que este derbi foi un paso moi importante, pero queda moita leña que cortar para que ambos equipos poidan permanecer na categoría.

O derbi da Terceira firma o empate

O outro derbi provincial desta fin de semana foi o que enfrontou ao Racing Villalbés e ao Viveiro, que se saldou cun empate por 2-2. O encontro foi moi aberto en todo momento con situación para ambos equipos, xa que contaron con sendas situacións de mans a man contra o porteiro. Herrero abriu a lata desde fóra da área na media hora, pero os de Alberto López conseguiron transitar e, catro minutos despois, Kablik igualaría.

Antes do descanso, Trasi firmaría un gran tanto pola escuadra para que o Viveiro marchase liderando o derbi provincial. Os de Juan Rodríguez sobreviviron grazas a Santome cun paradón a Kablik antes de coller o dominio do encontro para ir a polo empate. O balón parado fixo que Make igualase o encontro, pero Rolle estivo a punto de levar os tres puntos á Mariña nun man a man no que Santome volveu a ser salvador.

Sen vitorias no resto de encontros

O Lemos tiña un encontro importante na loita polo play off ante o Atlético Arnoia que se saldou sen goles. Os de Edu Rodríguez dominaron na primeira parte e contaron con varias oportunidades moi claras que non puideron definir para abrir o marcador. Na segunda, os dous equipos tiveron ocasións, pero as máis claras foron para os monfortinos. Fito topouse con Borja e Adri Díaz, na última do encontro, tivo o gol, pero un defensor sacouna na liña de gol.

A Sarriana volveu a verse de cara coa mala sorte cun novo gol no noventa que lles privou de sumar. O derbi galego ante o Fabril comezou cun tanto do centrocampista de Castroverde Manu Ferreiro. Antes do descanso, os de Dani Giménez lograron facerse fortes coa estratexia e Arona foi o máis listo da clase para igualar de novo o encontro. Os sarriaos fixeron un gran esforzo para manter o resultado, pero no minuto 90 Fabi deulle a vitoria ao conxunto coruñés.

A mesma sorte correu na Cheda o Lugo B no seu encontro ante o Arosa. Os de Dani Galán repuxéronse do rápido gol de Marcos Remeseiro co empate de Mateo Dean antes do descanso. O tempo engadido fixo que a moeda, de forma inxusta, caese coma cruz co tanto de Álex Rey no minuto 90. O filial albivermello acumula o seu quinto encontro sen coñecer a vitoria, pero segue inmerso na loita pola promoción de ascenso.

Foto do Instagram do Pol

Un derbi acaba en táboas e Diego Rey decide o outro

Un derbi acaba en táboas e Diego