#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de ases Terceira (Xornada 6) e Preferente (Xornada 5)

Sinfonía perfecta. A que tocou o Racing Villalbés onte na Magdalena. Desarbolou a un Somozas irrecoñecible. E iso que contaban con numerosos lucenses. Algúns vellos coñecidos na Chaira. Hugo Criado e Álex, exranciguistas, xogaron os 90 minutos. Ao igual que o meta soberino Ramón, que aproveitou a titularidade trala lesión de Marcos Valín a pasada fin de semana. Ademais, o vivairense Álex Rey e o exxogador do Polvorín Duque, tiveron minutos na segunda metade.

Foron outra vez as cousas ben pola Chaira. Pereira decidiu para o Outeiro o derbi ante o Ribadeo cun tanto nas postrimerías. Buide marcou para que o Castro se levase os tres puntos do difícil feudo do San Tirso. Tamén, ganou con comodidade a Residencia ante o Betanzos. 1-4 con hat trick de Mauro incluído. O ‘Pibe’ xa está de novo!

O Atlético Escairón impúxose na casa ao potente Dubra. Peor sorte correu o Viveiro en Cantarrana. Caeu ante o Estudiantil, que fixo o seu único gol nunha das súas escasas aproximacións. Por último, o Polvorín arrincou un empate do campo do líder Paiosaco. Estes son os nosos destacados!



Trío de ases Terceira (Xornada 6) e Preferente (Xornada 5)

Esteban, SDC Roupar «Sen o resto do

Trío de ases Terceira (Xornada 6) e Preferente (Xornada 5)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *